venres, 10 de novembro de 2017

INICIAIS DE OUTONO

Pintar con pincel é unha das cousas que máis lles gusta facer aos peques do cole. Este día en concreto pediron pintar todos ao mesmo tempo porque non podían esperar.... e por esta vez: desexo concedido! A verdade é que estaban do máis concentrado, incluso cantando mentres pintaban: mirade o vídeo que dura pouquiño pero paga a pena velo!





O desfrute coa pintura e os pinceis é marabilloso!

Sentir a pintura nas mans é unha sensación fantástica!



Despois todos ao tunel del lavado jejeje



Aínda que as cartolinas quedaron todas pintadas, fixemos máxia e apareceron as iniciais de cada un! 



E para darlle o toque final usamos as follas que estivemos recollendo (PREMEDE AQUÍ PARA VER O BEN QUE O PASAMOS RECOLLÉNDOAS).








Unha mostra do chulas que quedaron as iniciais de outono: uns artistas! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario