venres, 3 de novembro de 2017

EXPERIMENTANDO!

Aos peques lles encanta descubrir cousas novas, investigar, explorar.... fuchicar! E iso foi o que fixemos a semana pasada descubrindo novos recursos que nos ofrece Arnaldo dende a biblioteca.
Esperamos sacarlle moito partido... de momento deixamos que descubran por si mesmos.... por exemplo a mesa de luz, onde desfrutaron xogando coas cores, coa luz...




E tamén coñecemos a Beebot e a Bluebot, dous simpáticos robots que chamaron a atención de todos... sen dúbida xogaremos moito xuntos! 




Ningún comentario:

Publicar un comentario