venres, 10 de novembro de 2017

BUSCANDO TESOUROS DE OUTONO

Somos afortunados por ter un patio con tantas árbores e tanto verde... e algo que nos encanta é sair a coller tesouros: follas, belotas, granadas, piñas de diferentes tipos, paus.... 


Que fermoso está o Liquidambar: ten unhas follas preciosas e uns froitos moi chulos. 





E con tantas follas... pouco a pouco... fixemos un gran montón de follas!



  


E despois de xuntar tantas follas.... non nos puidemos resistir a lanzalas polo aire: mirade neste vídeo que festa de follas fixemos!




Os tesouros foron directos á mesa sensorial onde os manipulamos e exploramos... teremos que investigar máis sobre eles, e usaremos as follas para facer moitos traballos!







1 comentario:

  1. Qué ben o pasan estos pequenos na súa escola. Así da gusto aprender!

    ResponderEliminar