xoves, 9 de novembro de 2017

PARABÉNS DANIELA!

Daniela xa ten 3 anos e iso merecía unha celebración, aínda que con retraso porque o comezo de curso foi moi intenso, pero xa estamos ao día jeje


Cos seus compis Daniela completou 3 voltas a redor do sol comezando en outubro, o mes no que naceu. 



Canto nos gusta celebrar todo xuntos!

Por suposto Daniela decorou a súa coroa e non lle faltaron axudantes.



E así de guapísima estaba con ela posta!


E chegou o turno de decorar a súa letra que pintou e tamén lle pegou algunhas cousas, por exemplo unha belota e uns olliños que tiña claro que quería poñer na súa D. 



Mirade que bonita e graciosa lle quedou!



A parede dos cumples vaise enchendo de cores... e aínda faltan 3 por decorar en 2017!



Parabéns Daniela!

Ningún comentario:

Publicar un comentario