domingo, 12 de novembro de 2017

PROXECTO OS CARACOIS II

Apareceu un caracol no corredor¡¡¡ Fai unhas semanas apareceu un caracol dentro dunha caixa de plástico cuns buracos e a profe díxonos que esa caixa era para ter caracois en clase!!!

 



Levamos a caixa para clase e o caracol tan chulo que estaba dentro, votamos e decidimos entre todos o nome que lle poñeriamos á nosa nova mascota






Saíu, por maioría, Espaldita.
E saímos ao patio a buscar caracois para ter en clase, pero non atopamos ningún...



Decidimos volver outro día a ver si temos máis sorte...


Ningún comentario:

Publicar un comentario