Na clase de 3 anos continuamos traballando o outono e fixemos uns farois para decorar o corredor.
Tamén pintamos follas naturais estampando con bastonciños coas cores do outuno.
Xogamos a un xogo de vocabulario e diferenciar cores
Encántanos xogar coa plastilina
Traballamos os números de maneira manipulativa.
Aproveitamos os recantos ao máximo
Gústanos moito os animais e a profe Sara preparou un bingo deles ( aínda nos custa un pouquiño entender a dinámica do xogo pero pouquiño a pouco irémolo conseguindo) A verdade que nos gustou moito.
Pintamos por primeira vez cos rotuladores.
Seguimos gozando deste fantástico patio ( na casiña de madeira, xogamos coa auga no fregadeiro, lanzamos follas de outono,...)
Fixemos a nosa primeira saída pola contorna do cole e a verdade é que nos divertimos moito.
Ningún comentario:
Publicar un comentario