Bo día familias!!
Na escola seguimos aproveitando os recantos que temos para sacar todo o proveito posible e así desenvolver todas as nosas capacidades. Neles creamos, pensamos, construímos, escribimos, reproducimos esquemas, observamos, analizamos cualidades e cantidades e investigamos todo aquilo que esperta o noso interese.
Continuamos coidando a horta... desta vez plantamos berzas!
E analizamos e recollemos froitos das nosas árbores froiteiras...
E sobre todo aproveitamos para facer saídas pola nosa contorna, que é un tesouro!! Gozamos moitísimo!!!
E a volta seguimos con ganas de seguir xogando xuntos e de crear, somos marabillosos!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario