domingo, 10 de outubro de 2021

OS DE 5 TAMÉN VOLTAMOS Ó COLE

Ola de novo a todos e todas!!! 

Outro curso máis estamos aquí cunha chea de enerxía e ganas de gozar e aprender unha chea de cousas xuntos!!!
Este mes de setembro serviunos un pouco de  adaptacion de novo ás rutinas do cole e á vez estivemos a repasando e aprendendo cousas novas e interesantes. Pero  sabedes que foi o que máis nos gustou de todo? Aparte do cambio da aula que nos gustou moitísimo, con novos recunchos nos que xogamos e aprendemos cousas moi  interesantes.. o que máis, máis nos gustou foi... volver estar todos XUNT@S!!!! 

 Aquí deixámosvos algunhas das cousas que facemos na aula e nos diferentes recunchos para que vexades o ben que o pasamos e o moito que traballamos.

Na recuncho da biblio:

Xogamos cos xogos de mesa da biblio do cole:

Traballamos lóxica matemática:



 Traballamos lectoescritura e grafomotricidade:


Aprendemos-xogando robótica, divertímosnos moito no recanto de xogo simbólico e no de experiencias e disfrutamos convertíndonos en artistas!!!



Bueno estas son algunhas das cousas superdivertidas que estivemos facendo na aula durante este mes de setembro. No mes de outubro xa vos iremos mostrando máis cousiñas que facemos e que esperamos que vos gusten!!!

Un saúdo a tódalas familias!!!

 

 



Ningún comentario:

Publicar un comentario