Os pequechos de tres
anos remataron o período de adaptación. Foron días moi intensos para
todos, profes, familias, pero sobre todo para eles, os verdadeiros
protagonistas deste proceso. Estes primeiros días estivemos facendo algún xogo para coñecernos, bailamos, contamos contos e xogamos moito nos recantos para ir coñecendo pouco a pouco cada espazo e así sacarlle o mellor partido posible as diferentes propostas da clase.
Recanto de lecto-escritura
Recanto de lóxica-matemática
Recanto de experiencias
Recanto xogo simbólico
Ningún comentario:
Publicar un comentario