Comezamos a semana traballando matemáticas... cada un de nós escolleu un número do 1 ao 10, representámolo cos dedos das mans, colocamos as piruletas correspondentes no seu número, contamos co ábaco as boliñas según a cantidade escollida, e seguimos a grafía repasando co dedo na pizarra.
Ademais, esta semana Arnaldo prestounos dous xogos da bibliteca, aprendemos a xogar a Wauu! e a o Frutalito.
O mércores o tempo sorprendeunos cunha borrasca!! Viñemos moi abrigados e enseguida nos puxemos as zapatillas para ter os pés ben quentiños..
Aproveitamos para ver os mapas de satélite para observar como se formaba a borrasca e despois fixémola nós mesmos.
O traballo de mesa funciona a todo tren!! Os pequechos saben perfectamente o que teñen que facer para traballar en equipo e organízanse moi ben!
Divertímonos moito nos xogos nos recunchos... fixemos mandalas con elementos naturais, desfrutamos montando puzzles máis dificiles, construccións, obras artísticas...
A profe Natalia montounos un circuito no que desfrutamos moito e queimamos enerxía!
Acabamos esgotados!!
Mais diversión no patio...
Primeiras creacións escultóricas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario