Xa terminamos o proxecto de "O noso corpo" e hoxe déixovos algunhas actividades que fixemos na aula para traballar e ampliar o coñecemento do noso corpo.
Para esta primeira actividade empregamos o conto "Aquiles o puntiño" e así de chulas quedaron as nosas produccións:
Tamén xogamos a facernos en plastilina:
Outra das actividades que realizamos foi facer un quebracabezas xigante dun esqueleto que despois fixemos individualmente nunha ficha.
E para terminar déixovos dúas fotos de dúas maquetas dos nenos e nenas maiores do cole (do curso pasado) que utilizamos para observar como funciona o sistema circulatorio e os pulmóns.
Esperamos que vos gustara!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario