domingo, 12 de xuño de 2016

EXCURSIÓN FIN DE CURSO

Todos os peques de infantil fixemos a nosa especial excursión de fin de curso. Moi emocionados saímos en bus rumbo ao PARQUE ARQUEOLÓXICO DE ARTE RUPESTRE DE CAMPOLAMEIRO







Cando chegamos tivemos un tempo libre para xogar e situarnos no terreo. Sempre disfrutamos moito na natureza!





Separámonos en dous grupos. Os de 5 anos, expertos no neolítico, fomos primeiro a ver petroglifos e logo fixemos un obradoiro de agricultura. Mirade que ben o pasamos:



A ANPA convidounos a merendar e unhas nais viñeron para facernos uns deliciosos bocatas que nos serviron para coller moita enerxía! Grazas por coidarnos tanto!



Os de 3 e os de 4 fixemos un obradoiro de pintura e tamén paseamos polos petróglifos:



Mirade que pinturas tan "neolíticas" nos fixeron!! Así lucimos os da clase de 5 anos. 




Ningún comentario:

Publicar un comentario