Estes primeiros días temos que coñecernos mellor, os nosos nomes, os noso gustos... xa que temos un compañeiro novo e tamén unha mestra nova.
Para isto que mellor que comezar cunha técnica cooperativa tan divertida como é a TEA DE ARAÑA, cunha boliña de trapillo que imos lanzando os compis pero que sempre permanecemos agarrando por un extremo ata que tecemos unha verdadera tea de araña.
Esta primeira vez falamos das cousas que nos gustaban e nos presentamos polo noso nome, foi un momento divertido e que nos axuda a cohexionar o grupo cos novos membros.
Podemos ver o importante que somos todos no noso grupo pois se un solta o seu anaco a TEA desfaise.
Como os primeiros días non estivo Óscar repetimos unha nova TEA DE ARAÑA e Xa somos uns expertos!!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario