martes, 14 de abril de 2020

BOLETÍN DE ACTIVIDADES 3 ANOS (IV)

Ola familias!!!
Como vai todo despois deste días de descanso?? Espero que con moitos ánimos e forzas porque xa queda menos para a volta á normalidade, eu dende a miña casa mándovos unhas apretas moi grandes a todos e todas e moita forza para levar esta situación da maneira mais positiva posible... Arriba familias que xuntos o conseguiremos!!!

Esta semana as atividades van a ir dirixidas a traballar por un lado:
1. O NOSO CORPO
* Vemos o conto de "Aquiles o Puntiño" e a partir do mesmo repasamos as partes do corpo

* Facemos a seguinte ficha (non precisades imprimila, podedes facela nunha folla de papel)


* Traballamos as grafías e cantidades (como vos dixen a semana pasada as grafías, se non tendes impresora, podedes facelas empregando diferentes medios como bandexas con pan raiado, fariña... ou tamén podedes copiar e dibuxar as fichas)






* Xogamos co noso corpo: sombras co teu corpo. (Se tendes unha terraza, balcón, finca... pois xenial, senon podedes aproveitar o sol que entra pola ventá ou oscurecer unha habitación e usar unha luz para facer sombras).


* Tamén podemos xogar a facer sombras coa man e mesmo debuxar as sombras de cousas que atopemos pola casa.



* Xogamos a ser artistas: Aproveitando un cadro-autorretrato de Picasso, facemos, se pode ser diante dun espello, o noso propio autorretrato.


* Tamén podemos xogar aproveitando outros cadros doutros pintores, ou do propio Picasso, a imitar as posturas fixándonos en como teñen colocadas as diferentes partes do corpo. Para esta actividade podemos aproveitar os cadros de Kate Haring e así coñecer un novo artista!!!

* Movémonos a ritmo de twist

E para rematar, déixovos un enlace a uns retos moi divertidos "Na casa en movemento"

2. O NOSO NOME
* Estos días podemos repasar que letras temos nos nosos nomes e tamén podemos aprender a escribir o nome de mamá, de papá, dos avós, as avoas, de quen queirades. Podemos tamén contar cantas letras ten o noso nome e o dos demáis e ver quen ten máis letras, quen ten menos, cantas A temos, e E, temos a letra de mamá, e a de papá???
* Facemos os nosos nomes com diferentes materiais

* Buscamos as letras dos nosos nomes en revitas, xornais, folletos... as recorto e as pego nunha folla.
* Aquí deixovos un enlace con 20 ideas para aprender a escribir os nosos nomes moi interesantes e divertidas.

EXPERIMENTOS

* EXPERIMENTO 1: LETRAS CON COLA BRANCA SOBRE UNHA BASE DE CARTÓN.


Engadimos sal. Deixamos secar un pouco e retiramos o exceso con coidado.


Con axuda dunha pipeta (podemos empregar unha xeringa) con auga tinguida con colorante alimentario, colorear libremente as letras de sal.

      

* EXPERIMENTO 2: EXPERIMENTO CON PAPEL DE COCIÑA


* Necesitamos:
- papel de cociña
- rotuladores de cores
- rotulador negro permanente
- bandexa con auga


Dóbrase o trozo de papel pola metade.
Co rotulador negro permanente trázanse as letras do nome. Con permanente sae mellor que con rotu negro normal.trázase primeiro na parte de abaixo, dóblase o papel e cálcase enriba.


O nen@ pinta únicamente as letras da parte de abaixo. Dobramos novamente a servilleta.


Deixámola caer sobre a agua.


E... maxia! Onde antes non había cor, rápidamente coloréase.



Bueno xa remato por hoxe. Espero que vos gusten as actividades e traballos que vos vou deixando, e que desfrutedes facéndoas. Xa sabedes que estou dispoñible a través do correo eléctrónico para calquera duda ou suxerencia que teñades e que sepades que me encanta recibir novas vosas así como debuxos, fotiños, vídeos...
Moitas apretas e xa sabedes que "Xuntos o conseguiremos"

Ningún comentario:

Publicar un comentario