Esperamos que continuedes sans, tranquilos e felices, tanto vós como as vosas familias.
Retomamos as publicacións semanais e ogallá vos gusten moito!
Veña! Que xa falta menos!
Moitos bicos e apertas cheas de forza e paciencia!
- Aínda vos lembrades de cómo se escriben os nomes dos compañeiros? (Espero que sí ;) E de cómo se escribe o voso apelido?
- Actividades co calendario
- Seguro tedes un calendario na casa, igual que o do cole. Sabíamos o día, o mes e o ano. Podedes ir tachando os días igual que facíamos na clase
- Se tedes ganas de facer manualidades, podedes facer un como o noso circular no que aparecen os meses e as estacións do ano.
- Nos vos olvidedes dos meses e das estacións! E dos días da semana!
- Por se acaso, vos deixo unha canción (non é de Michael Jackson, pero pode valer) https://youtu.be/C2DNBnhMpvQ
- Podedes facer un tren de números coas fabas?
- E cos tapóns? Mirade 100 números coas tapas do leite! Logo desenróscanse e... hai que poñelos no sitio
- 4. Actividades de motricidade fina
- Aquí van varias propostas de xogo nas que se traballa a coordinación, a precisión, o control manual... que se poden facer fácil con chirimbolos da casa
5. Actividades de coñecemento do propio corpo e das emociónsDesexo que todo isto vos pillara con algo de plastilina na casa (que vale para todo), pero se non foi así, tamén podedes facer masa e pintar vos unha cara en branco...
Aquí vai unha proposta simpática para falar xuntos das emocións básicas: a tristeza, a alegría, a calma, o enfado, o medo (será o dos pelos de punta, non?)
Espero de corazón que vos gusten e vos sexan asequibles! Ídeme contando qué tal e non deixedes de movervos (hai enlaces e ideas na publicación anterior) e de ler.
Bicos a moreas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario