Ola familias
Xa estamos de volta....!! Que tal nestas vacacións tan especiais...? Espero que ben e que estedes con moita enerxía para traballar deste xeito tan peculiar... Ánimo familias..!! Xa falta menos para que esta situación acabe e poder volver a normalidade que tanto desexamos todos.
Imos facer un repaso ás rutinas que facíamos na aula... Se tendes un calendario na casa mellor... aquí tachamos o día do mes. Déixovos un vídeo que sempre escoitamos a primeira hora da mañá...
* E agora imos traballar:
- Os días da semán... Que día e hoxe?
- Os meses.....En que mes estamos?
- As estacións...
- O ano...
- Que tempo fai hoxe..? sol, nubes, chuvia..?
Isto todo facíamolo de maravilla no cole .. acordádevos...??
Imos tamén a lembrar o número de compañeiros que somos na clase e escribir seus nomes.
- Debuxa o teu mellor amigo/a..
- Cantos anos ten..?
Non nos podemos esquecer da grafomotricidade, ésta e moi importante, para o desenvolvemento, e base da futura escritura.
Déixovos aquí unhas imaxes para facer na casa.... sólo necesitamos as mans, témpera, e rotuladores... mirade que sinxelo e que divertido!!!
Aquí tendes un poema moi pequeno para memorizar:
E agora facemos algo de plástica... a nai do pitiño..."unha galiña"
Bueno xa imos rematar.... espero que vos gusten moito as actividades que vou poñendo e que disfrutedes facéndoas.... como xa sabedes podedes seguir mandando fotos, vídeos das actividades que facedes sean outras ou éstas... eu estarei sempre en contacto con vos...
E lembrade que éste e un bo momento para desfrutar da familia... temos que ver a parte positiva que ten ésta situación que estamos vivindo. Moitos bicos e apertas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario