Ola familias
Xa estamos na segunda semana deste trimestre unha semana menos para que se normalice esta situación. Déixovos novas actividades e suxestións para traballar na casa dentro das posibilidades de cada un, e non vos esquezades de ver as actividades das miñas compañeiras que tamén podedes aproveitar.
Aquí tendes un pequeno resume dos contidos que se dan en catro anos. Isto e solo unha orientación para que vos sexa mais fácil traballar cos vosos fillos/as.
Imos comezar con outra canción de "bos dias" que poñíamos nas rutinas de aula, para que os lembredes deses momentos tan felices no cole e que tanto votamos de menos.
Xa todos/as sabédela de memoria.....A que siii...?? E agora outra que non podedes esquecer...
* Para comezar imos traballar o numero seis:
- Identificar número/cantidade.
- Contar adiante e atrás.
- Cal é o numero maior ? e o menor.....?
- Cal esta no medio.
- Sumas e restas sinxelas dun xeito manipulativo.
Deixovos un par de fichas:
1. Ficha dos polbos
- Nesta ficha podedes colorear o número 6 grande, poñer gomets, ou facelo por dentro con rotuladores ou lapis de cores seguindo a direccionalidade correcta.
- Contar e colorear seis polbos.
- Facer a grafía.
2. Ficha das ras:
- Facemos a grafía do 6.
- Coloreamos 5 ras de cor verde e a do medio de vermello.
- Facemos unha suma... cinco ras verdes mais unha vermella igual a.....
Isto tamén podemos facelo con froitas ou calquera outro obxecto que teñamos na casa.
Despois de facer sumas manipulando obxectos, imos facelas nunha ficha. Cando acabedes podedes colorear os debuxos.
Aquí tendes ideas para poder traballar os números: con botóns, pinzas da roupa, chapas, etc.
As pinzas son un recurso económico moi sinxelo que favorece as destrezas da motricidade fina.... a coordinación óculo manual, e ademais podemos traballar: sumas, restas, cantidades, series (con pinzas de cores)... etc
Os botóns son outro recurso co que tamén pódense facer moitas cousas...(traballar cantidades, series, tamaños grande mediano pequeno... etc).
E mirade tamén chapas e cartóns...para traballar os números.
* Figuras xeométricas planas:
As figuras planas que xa todos coñecemos, e o círculo, cadrado, e triángulo, pero temos que repasalos, para que non vos esquezades.
* Seriacións de dous elementos: tendes que completar as series.
- Vermello-azul, vermello-azul
- Amarelo-verde, amarelo-verde
- Verde-azul verde-azul
*Grafomotricidade: seguide os puntiños correctamente.
- Nesta ficha tendes que por a vogal que falta.
- Pronunciade vos a palabra recalcando as vogais. Por exemplo: CAAAASAAA... FOOOCAAA... BOOOTAAA... ROOSAAA... YOOOGAAA
* A plástica e moi importante traballala porque estimula a imaxinación e a creatividade.
* Imos facer diversas actividades con témpera utilizando recursos que seguro tendes na casa.
- Corchos
- Algodón
- Pinzas
- Os tubos de papel hixiénico
Con todo isto e un pouco de imaxinación podemos facer verdadeiras obras de arte....
* Para esta segunda actividade necesitamos:
- Papel blanco
- Cera blanca
- Acuarela ou tempera moi diluida en auga.
Nun folio escribimos o noso nome ou calquer outra palabra con cera branca en letras maisculas e grandes, pasamos por encima acuarela....e maxia!! Aparece o nome que habiamos escrito e tamén podemos facer calquer debuxo....Mirade que chulos quedan...!!!
E para rematar déixovos un vídeo..."Poesía de la primavera."
Espero que vos gusten as actividades desta semana.
Moito ánimo..!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario