Ola familias!!
Como ben nos di Arnaldo estes días xa van sendo mellores, xa que aos poucos imos superando esta situación e xa podemos gozar un pouco coas saídas dos nosos peques. Como todas as semanas mándovos forza e ánimo, que cada vez queda menos, e responsabilidade para poder logralo!!!
Esta semana as actividade que vos poño son as seguintes:
1.- Comenzamos con este bonito conto co que imos repasar e traballar moitas cousas: as emocións, as figuras xeométricas, formas, tamaños, colores ... Espero que vos guste!!!
Aproveitamos para lembrar as emocións e traballalas de novo
Por que se pon triste Lorenzo? Que outras emocións coñeces? Como
sabes cando un amigo/a está enfadado/a, alegre...? Por que crees que
hai que axudar ós demáis? Por que crees que é bo que sexamos
diferentes?
2.- A partir deste conto traballamos as figuras xeométricas que nel aparecen (centrámonos sobre todo no círculo, cadrado e triángulo que son as que traballamos máis na aula): preguntámoslles por elas para ver si saben cales son e pedimos os nenos/as que as busquen nos obxectos que temos por casa. Tamén podemos aproveitar cando saímos a dar un paseo con eles a buscar as formas polos elementos da rúa (señal de tráfico, ventás, tapas dos sumidoiros..)
Podemos facer unha clasificación dos obxectos según a súa forma. Por exemplo:
3.- Facemos debuxos a partir de las figuras: que podemos debuxar cun círculo? e cun triángulo? en que podemos convertir un cadrado?
Estos poden ser algúns exemplos:
- Un círculo: sol, peixe, unha cara, unha pizza...
- Cadrado: un conto, un marco de fotos, un coche, tren...
- Triángulo: xelado de cucurucho, gorro,
4.- Podemos facer esta ficha (antes de facela os nenos/as sós tendes que facela con eles, explicarlles o que teñen q facer e facela primeiro de maneira oral para que comprendan o que teñen q facer). Podemos tamén darlle coloreadas as figuras que aparecen na parte de arriba da ficha para que saiban a consigna
5.- Xogamos a clasificar as formas planas según colores, tamaños e formas
Para esta actividade necesitamos debuxar e recortar círculos, cadrados e triángulos de diferentes cores e tamaños (grandes, pequenos e medianos). Os/as nenos e nenas xogaran a clasificalos.
debbiediller.wordpress.com |
6.- Estampamos figuras. Outra maneira de traballar as figuras xeométricas é xogar a estampalas. Para elo podemos empregar os tubos de papel hixiénico
7.- Tamén podemos facelas empregando plantillas e plastilina, seguir a forma empregando botóns, coches, fichas lego, con espaguetis...
monspetits.com |
juegos7.egirlguide.com |
8.- Coloreamos as figuras empregando bastoncillos dos oídos
9.- Traballamos os números e cantidades. Contamos cantos lados ten un cadrado, e cantos ten un triángulo, e o círculo??? Podemos facer estas tarxetas e xogar coas pinza da roupa:
10.- E para rematar déixovos un enlace a unha actividade de ritmo que a min gustóume moito
Para a semana estaremos de volta e con máis ganas, seguro!!!
Unha apreta forte e moito ánimo!!!
Moitas grazas Bea. Un saúdo.
ResponderEliminar