Antes de nada, agradecervos coma sempre que atopedes un chisquiño de tempo para enviarme estes traballos tan fermosísimos que estades realizando:
Aquí podedes descargarvos uns estupendos MATERIALES LECTURA/ESCRITURA💚💚💚
Agora, as propostas para esta semana: só 4, porque o venres é un día especial e Arnaldo e a Biblio teñen sorpresas preparadas...
1. Esta idea foi de IKER, e pareceume interesantísima para recordar todos o importante que é superarnos para COORDINAR E CONTROLAR O CORPO, as súas POSIBILIDADES motrices e adaptalas ás DIFERENTES ACCIÓNS. Así que...
2. Unhas propostas de CREATIVIDADE, a ver que ocorrencias ORIXINAIS aparecen por ahí...
A primeira é para montar un conto:
E estas SON IDEAS que eu fixen, QUE PODEDES FACER NUN PAPEL CALQUERA Á VOSA MANEIRA.
3. Como seguro botades en falta a nosa maravillosa biblio, aquí vos deixo unha proposta para facer a propia MESA DE LUZ... Mandásdesme algunha foto das vosas obras de arte?
A cousa é CAIXA TRANSPARENTE + LANTERNA + PAN RALLADO (a area rasca máis, pero tamén vale). Neste enlace o explican moi bonito MESA DE LUZ CASERA
4. Gustaríame saber cómo vos sentides... Pero non sempre estamos así, verdade? Esta actividade das EMOCIÓNS creo que pode ser divertida e dar pé a conversas interesantes na casa. Espero que os peques non esqueceran a calma que daban as respiracións circulares 😀.
Aquí vos deixo 3 VÍDEOS para FALAR SOBRE SENTIMENTOS e RELACIÓNS (é dicir: para traballar a EMPATÍA:
5. E de postre, por se alguén queda con ganas doutra cousa:
Asociar Dígito-Cantidad (este é o máis fácil)
PD: A clase de 4 anos e de 3, así como a profe Fátima de inglés prepararon unhas actividades chulísimas. Tamén vos mandan moitos BICOS e esperan que vos GUSTEN!!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario