Qué ben que xa podemos ir todos a andar en bici e pasear!
Antes de nada, darvos as grazas polos vosos maravillosos traballos. Encantáronme!
E ademáis... dámoslle os parabéns e os nosos mellores desexos a Gael, que hoxe fai 6 anos : )
AHÍ VAN AS PROPOSTAS PARA ESTA SEMANA!!!
1. En primeiro lugar, unas actividades que vos envía a profe Laura de AL (como facíades con ela os luns), que tamén aparecen no seu apartado do blogue, xunto con outros recursos moi interesantes.
Ambos serven para axudar no proceso da lectoescritura. Desfrutádeos!
2. Na casa de Gael fixeron esta maqueta alucinante de Seixo... vos animades en plano ou maqueta tamén?
Un dos contidos a traballar en Infantil é precisamente “a vivencia, representación e interpretación do espazo, empregando a imaxinación en debuxos, planos, fotografías, mapas e outros”. Así que, gracias Marina e Edu por unha idea tan brillante!!!!
3. O libros de cociña poden ser interesantísimos tamén... non digamos cociñar!! Enviádesme unha RECEITA escrita por vós das vosas moiiiii favoritas?
É que xa estabades dun cocinillas que da fame vervos.... Ñam!!!
4. Coñecedes as Máquinas de Sumar? Hainas máis sinxeliñas e ata de monstruos! Pero a idea, coma sempre, é pasalo ben e aprender co que temos por casa.
Podedes sumar... números, bichos, fichas dos legos ou mesmo fabas.... Hai que pensar, escribir e logo comprobar, vale?
Como mínimo ata o número 20, os peques deberían ter a cousa controlada. O estivemos traballando moitísimo no cole!
5. Por último, vos deixo dúas recomendacións dixitais onde podedes atopar actividades moi interesantes para facer na táblet ou no ordenador:
https://es.ixl.com/math/infantil e a app Tiny tap (se tedes Apple)
Bicos e apertas mil... e quedo coa curiosidade esperando de ver o voso Diario de cómo vai a Lentella!
Ningún comentario:
Publicar un comentario