martes, 19 de maio de 2020

8º BOLETÍN DE ACTIVIDADES 5 ANOS

Bo inicio de semana, queridas familias!

Quedan aínda 5 semanas para acabar o curso e vos atopo -nas conversas, nas mensaxes...- cansos. Eu, nós os profes, tamén vamos cansos desta situación. E aínda falta... Como me dixo unha compañeira “dame un neno e quítame de tanta pantalla”. E tiña toda a razón. Botámolos a faltar un mundo!!!

Co voso permiso, vouvos ir chamando (máis) por teléfono. Para contactar, para saber cómo vos atopades, para escoitar ós peques, para compartir inquedanzas, para falar do tránsito a primaria -que vexo que está preocupando a moitas familias e é bo falalo-...

Ata agora non o fixen apenas por reparo: consideraba unha intromisión meterme na intimidade famliar, pero semella que necesitamos perder ese recato en aras de manter vivo o apego cos nenos. E para entendernos, simple e sinxelamente, para entendernos.

Alegroume o día Paula, que me dixo que a Darío lle gustaba ver aos seus amigos por aquí. En certo modo, as actividades son tamén un vehículo para estar conectados.
Non entanto, tamén son importantes en sí. Na Educación Infantil apréndese xogando, manipulando, tocando as cousas... Pero para eles é traballo, e é o tipo de traballo que teñen que facer, segundo nos indican a pedagoxía e as neurociencias.
É importantísimo que os rapaces sigan facendo cousiñas, que manteñan a rutina e o compromiso co esforzo. Non decaiades!!! Ánimo!!! Isto é de verdade importantísimo!!!






Ahí vai o collage de fotos da semana pasada (Gael nos recorda que xa chegou ás librerías o fantástico MONSTRUO AZUL, do que somos super fans 😊)
Aquí vos deixo un enlace para ver O CONTO EN KAMISHIBAI que fixeron uns alumnos meus de hai uns anos coa súa mamá. 😍 Espero que vos guste tanto como a min




As propostas para esta SEMANA son 5, pero non ESQUEZADES que a TEACHER FÁTIMA e os demáis profes tamén están plantexando cousas chulísimas.

1. REPASO: A DIRECCIONALIDADE DOS NÚMEROS. 
Vos deixo debaixo un ENLACE A FICHAS, pero esta proposta dos coches é moi interesante para facelo xogando.

IMPORTANTÍSIMO!! Lembrade revisarlles e insistirlles aos peques:
  • A postura na silla
  • A maneira de coller o lápiz (cos mesmos dedos que para abrir unha pinza)
  • Que é mellor despacio e ben, que a correr e de calqueira modo.  





 Enlace para fichas: DIRECCIONALIDAD NÚMEROS

2. ORTOGRAFÍA. 
Este xogo me pareceu divertido para ir aclarando B e V, que non deixa de ser unha aprendizaxe memorística. 
Se imprime, se recorta e se lle da de comer a o monstro vermello as palabras que comezan por V e ao monstro azul as da B. Tamén o podedes ir escribindo nun papel ao mesmo tempo ou en lugar de imprimir (e debuxar os monstros) para non gastar cartos.









3. IR EXPLICANDO A HORA.
Como as nocións temporais lles resultan moi abstractas aos nenos desta idade, unha boa maneira de empezar a entender os reloxos é fabricando e consultando un RELOXO DE SOL. 
Ao mesmo tempo, non deixedes de ir tachando con eles os días NO CALENDARIO e repetindo os DÍAS DA SEMANA, OS MESES DO ANO E AS ESTACIÓNS. 


4. FACER SERIES
Insisto en que en esta idade SEMPRE MELLOR CON MATERIAIS MANIPULATIVOS.
Vos poño uns exemplos, pero podédelo adaptar con boliñas de papel, con plastilina, coas pezas de lego, pinzas da roupa de cores... o importante é facer secuencias. 
Empezade con 2 ou 3 cores para que eles continúen a serie. Logo vades introducindo máis figuras, conforme vexades que lles sae. Incluso podedes ir introducindo novas formas.













5. RIQUEZA DE VOCABULARIO
Un día en clase chamoume a atención que ningún dos membros do equipo que estaba xogando ao dominó de imaxes sabía o nome da TÁBOA DE PLANCHAR. Un preguntoume “planchadora?”
Revisade grupos semánticos, porque ás veces damos por sentado que coñecen todas esas palabras coma nós... E tamén en galego.
En particular, as relacións de parentesco a estas idades se lles fan liosas. Vos dixo unhas tarxetas e me contades qué tal.








 Bicos e apertas mil!!! Ana.







Ningún comentario:

Publicar un comentario