Ola familias:
Aquí estamos de novo un pouquiño mais contentos porque xa podemos sair a rúa, correr, saltar, e xogar con nosos xoguetes preferidos.
Esta semana déixovos outras actividades moi sinxelas, que como xa sabedes, podedes ampliar, ou facer outras semellantes. O que necesito e que me enviedes fotos das actividades, porque temos que facer un seguimento a petición da inspección e tamén se estas actividades son axeitadas en cantidade e forma ou tendes outras preferencias.
Non os esquezades que Arnaldo no seu blogue..."As pegadas de Arnaldo" tamén propón actividades interesantes...pero estas actividades tendes que envialas ao correo do cole sen esquecer a data de entrega.
Esta semana imos traballar:
O coñecemento do noso corpo
Un dos obxetivos da etapa infantil e que os nenos e nenas coñezan o seu corpo, a suas posibilidades e que aprendan a respetar as diferencias.
Dentro desta sección imos facer as seguintes actividades:
- Identificar as partes do corpo
- O cuidado do corpo
- Recoñecer as emocións
- Identificar os cinco sentidos
Aqui déixovos un vídeo que explica moi ben as partes do corpo.
Agora imos facer unhas fichas onde tendes que recortar as partes do corpo e pegalas formando unha a figura.
O que tendes que facer é:
- Colorear a figura que corresponda (os nenos a figura do neno e as nenas a figura da nena).
- Recortar polos puntos.
- Pegar.
Facemos agora algo de plástica relacionada co corpo.... Mirade que divertido...!!!
Podedes escoller unha das duas imaxes. Precisamos os seguintes materiais:
- Para a primeira imaxe: anacos de tela, cordóns ou plastilina, tapóns.
- Para a segunda imaxe: tubos de papel hixiénico, de papel de cociña, caixa de ovos, e témpera.
Partes da cara:
Imos traballar agora as partes da cara para elo déixovos un vídeo que xa coñecedes.
- Tendes que debuxar as partes da cara na plantilla.
- Nun folio debuxádeas tamén e poñede o nome copiando dun modelo...
OJOS... NARIZ... OREJAS... BOCA
- Rodear as vogais.
- Poñer as vogais que faltan.
....J...S / N....R....Z / ....R....J....S / B....C....
- Antes tendes que recalcar a vogal como xa fixemos anteriormente.
OOO..JOOO..S / NAAA..RIII..Z
OOO..REEE..JAAA..S / BOOO..CAAA..
- Cantas letras teñen cada unha destas palabras..?
Vexo que facedes moitas fichas de sumas, vouvos deixar aquí, exemplos de sumas dun xeito manipulativo para que o neno/a asimile mellor o concepto de suma.
Todos estes materiais téndelos na casa:
Pinzas de cores, pinzas de madeira, botóns, platos de cartón.....fixaros nas imaxes e mirade que sinxelo. Agora pasamos a facer unha ficha de sumas.
Ficha de lateralidade
Colorear de verde as tartarugas que van cara a man dereita e de marrón as que van cara a man esquerda.
Imos recordar cun vídeo as figuras xeométricas planas ....CIRCULO, CUADRADO, TRIANGULO, E RECTANGULO.
Despois de ver o vídeo das figuras xeométricas recortamolas en papel de cores e clasificamolas.
Fixaros ben na imaxe anterior, isto é o que tendes que facer. Podedes facer moitas cousas coas figuras, xogar con elas, na segunda image podedes utilizar gomets.
Para rematar vouvos deixar un vídeo para bailar movendo todas as parte do voso corpo...Veña a bailar con este vídeo tan divertido...!!!!
E agora a disfrutar das actividades propostas... porque disfrutando é como mellor se aprende.
Moitos bicos e apertas...e ánimo!!!
Ata a semana que vén!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario