luns, 11 de maio de 2020

7 BOLETIN DE ACTIVIDADES 4 ANOS

Ola familias
Que tal estades...? espero que ben...xa estamos na primeira semana de maio...a min este mes gústame moito...recórdame a miña infancia. A verdade que sodes uns campeons!!! .... estou super contenta porque traballades moitísimo. 

Seguimos traballando..."O noso corpo" que comenzamos na publicación anterior dunha forma moi sinxela, pero falta algo moi importante..."O esqueleto". Xa sei que gústavos moito os esqueletos... 
O esqueleto e un conxunto de ósos que sostén o noso corpo e é o que nos permite camiñar, correr, saltar...etc.
Aqui déixovos unha canción moi divertido onde podedes ver as partes dun esqueleto.



Agora imos facer algo de plástica relacionada co esqueleto, con materiais que todos e todas tendes na casa. Podedes escoller o modelo que queirades.

* O material que necesitades e:
- Bastoncillos das orellas. 
- Tubos de papel hixiénico e de papel de cociña.

Imos deixar xa os esqueletos... a verdade que a min danme un pouco de medo... xa sei que para vos son moi divertidos, pero imos comenzar con outras actividades.

NUMERO 7:
Xa vexo, que nas fichas que mandades, ides moi adiantados...pero eu vou ir mais despaciño coma os caracois.
* E agora vades contestar a estas preguntas moi sinxelas:
- Cantos caracois  suben...?
- E cantos baixan...?
* Escribide a palabra CARACOL
- Cantas letras ten...?
- Hai mais caracois que letras...? Hai menos...? Ou hai igual...?
Eu xa sei que ides dicir que hai mais caracois...asi que pensadeo ben.

Imos aprender de memoria esta poesía ou a adiviña... vos escollede o que mais vos guste.


Agora imos facer unhas fichas de números:
* Primeiro contamos 7 cousas que teñamos na casa: utensilios de cociña, pinzas da roupa, tapóns, palillos, froitas, dedos...etc.
* Acordádevos..¿Cantos días ten a semana...?
* E nesta ficha de abaixo coloreamos 7 cuadradiños.


* Facemos a grafía do número 7:


- Debuxamos 7 flores.
- Rodeamos o número 7.
- Coloreamos 7 estrelas.
- Coloreamos as 7 regletas da cor negra, porque a regleta do 7 é desa cor.

GRAFOMOTRICIDADE:
Con este trazo de grafomotricidade aprendemos a facer caracois. Tamen podemos moldear  churros de plastilina e facer  espirais.

E que vos parece se facemos un ou dous caracois...? Aquí tendes varios modelos.

* Materiais necesarios:
Cartón, témpera, platos, plastilina, tapóns e círculos de cores ou calquer outro material que teñades na casa.
E agora rematamos ao ritmo rokero do caracol.   
    


Espero que as actividades desta semana sexan acertadas... se tendes algunha dúbida xa sabedes onde estou.
Moito animo!! e Moitos bicos e apertas!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario