Ola familias:
Outra semana estou aquí para deixarvos actividades que espero que aos nenos e nenas  lles gusten e que disfruten facéndoas . Moitas grazas polas actividades que me envíades; Xa vexo que son uns super campións e que traballan de marabilla. Tamén encántame velos tan ben e tan maiores !!!
Esta semana a profe Laura de Audición e Linguaxe, no blog de orientación, deixanos un vídeo e unha actividade moi interesantes sobre o fonema /s/ para os nenos e nenas de 3 e 4 anos. Déixovos o enlace. Botádelle un ollo.
Esta semana a profe Laura de Audición e Linguaxe, no blog de orientación, deixanos un vídeo e unha actividade moi interesantes sobre o fonema /s/ para os nenos e nenas de 3 e 4 anos. Déixovos o enlace. Botádelle un ollo.
Antes de poñervos as actividades quero indicarvos a maneira correcta de coller o lápiz xa que a estas idades é importante que fagan ben o agarre. Como eu lles digo na clase "el gordito y su amiguito" 
As actividades que vos propoña esta semana son:![]()  | 
| Educaplanet | 
- ACTIVIDADE 1: Grafismo creativo. Esta vez imos traballar o grafismo dunha forma creativa. Estos serian exemplos de como facelo:
- Debuxamos círculos de diferentes cores e temos que levar cada círculo a parte de abaixo evitando tocar os demáis circulos. Podemos traballar as cores se teñen que unir empregando a mesma cor que o círculo
 
| @spanischprojekt | 
- Círculos nos gomets. Pegamos os gomets polo folio e facemos círculos ó redor
 

![]()  | 
| creciendofelicescampanar.blogspot... | 
- Trazos verticais e horizontais
 
![]()  | 
| creciendofelicescampanar.blogspot... | 
- Semicírculos
 
![]()  | 
| creciendofelicescampanar.blogspot... | 

Plantillas:
- ACTIVIDADE 2: Traballamos as letras. Grafias e discriminación auditiva
  1. Traballamos as letras con pinturas. Facemos a plantilla que eles e elas teñen que reproducir despois empregando ceras ou lápices de colores. En principio soamente nos fixamos na forma pero podemos ampliar a dificultade se, ademáis da forma, teñen que fixarse na cor dos lápices.
  2. Xogamos cos nomes. Esta vez a proposta é moi divertida. Trátase de atopar obxectos  que comencen con cada unha das letras que compoñen o seu nome:
Neste caso:
J- Jabón  U-Uno  L-Libro   I-Iguana     A-Arcoiris 
   Outra forma de xogar é a inversa. Neste caso que vos acabo de poñer trátase de colocar as letras, facer o son e ir buscando obxectos pero tamén podedes coller diferentes cousas, pronunciar o nome e ir buscando as letras polas que comenzan ou buscar as letras nas palabras como no seguinte exemplo:
| @laclasedevirtu | 
 Neste caso collemos diferentes cousas, escribimoslles as palabras en maiúsculas e teñen que rodear as letras que están nos seus nomes.
- ACTIVIDADE 3: Xogamos cos números e cantidades. Empregamos pinzas nas que poñemos os números e cantidades (con puntiños e teñen que unir cada número coa cantidade.
- ACTIVIDADE 3: Xogamos cos números e cantidades. Empregamos pinzas nas que poñemos os números e cantidades (con puntiños e teñen que unir cada número coa cantidade.
| @thedadlab | 
- ACTIVIDADE 4: xogamos coas cores e clasificamos
- ACTIVIDADE 5: Experimento. 
       Para facer este experimento precisamos:
- Un bote de vidro transparente con auga
 - Un bote máis pequeno con aceite
 - Colorante alimenticio de diferntes cores
 
 1.- Enchemos o bote de vidro grande con auga
 2.- Enchemos o bote pequeno con aceite
 3.- Botamos pingas de colorante alimenticio
 4.- Mezclamos con  axuda dunha culler
 5.- E por último botamos a mezcla no bote grande.
 Bueno familias aquí remato. Espero que teñades unha boa semana e que desfrutedes en familia desta volta á "normalidade".  
 Esta semana vou a poñerme en contacto con todas as familias para establecer unha hora para a recollida de material que será o luns día 8 de xuño.
 Unha apreta a todos e todas!!!







Ningún comentario:
Publicar un comentario