Que ben que xa podedes saír, correr e pasear. Dinme as mamás e os papás que vos estades a portar de maravilla, con moita paciencia e respectando as normas. Que chicos maiores, tan axudantes!!!
Esta semana vos deixo 4 actividades (unha para cada día, porque hoxe luns son os maios), pouquiñas e sinxelas, para non complicarvos. De todas formas, as das outras clases de infantil son estupendas, por se queredes ampliar ou preferides outros traballos.
POR FAVOR, PRECISO QUE ME ENVIEDES FOTO DE ALGUNA DAS ACTIVIDADES (OU MÁIS, SE VOS APETECE), porque empezamos a facer un seguimento máis exhaustivo, a petición da inspección. Queremos saber se os nenos están a facer as actividades, se son axeitadas en cantidade e forma ou tedes outras preferencias. De ser así, POR FAVOR, NON DUBIDEDES EN MANDARME UN EMAIL.
A primeira é moi especial, porque a idea é de Óscar (E POR FAVOR, MANDÁDEME AS IDEAS QUE QUIRADES)
1. ESCRIBIR UNHA LISTA DAS COUSAS MÁIS MOLONAS QUE IMOS FACER DESPOIS DO CORONAVIRUS
Pódenos axudar a escribir as familias, claro (chivándonos o sonido das letras) pero o importante é intentar escribir por vós mesmos. Se nos comemos algunhas letras, non pasa nada. E queda máis bonito cun debuxo deses chulísimos que facedes sempre!!!!
Este é o que eu fixen (con acuarelas):
Mandádeme o voso e facemos un mural ben bonito!
2. CON COUSAS DA CASA, PODEMOS FACER UN PUZZLE MOI INTERESANTE
Aquí traballamos:
-as FORMAS (se pode facer mesturando cousas cadradas, rectangulares e redondas),
-os TAMAÑOS (grande, mediano, pequeno),
-o TRAZO (para os peques é difícil facer o contorno, é un bo exercicio),
-e a DISCRIMINACIÓN VISUAL (hai que identificar cal se corresponde con cal).
3. Isto o vamos a completar con dúas actividades de CLASIFICACIÓN. Na foto aparecen pedras, pero se pode facer con calquera cousa (cos xoguetes, mesmamente).
4. DIARIO DUNHA LENTELLA (ou varias, ou outra cousa que queirades plantar)
Non fai falta imprimir esta plantilla, só é un modelo. Podélelo facer nun folio, anotando os días.
Aquí vos deixo algúns exemplos para inspirarvos:
Bicos e apertas mil!!!! Espero vervos pronto. Cómo se bota de menos a vosa sonrisa : )
Ningún comentario:
Publicar un comentario