O mes de maio na clase de 3 anos foi do máis completo, e é que este mes no cole foi moooi intenso!! Xa vos contamos que tivemos moitos aniversarios este mes (podedes velos premendo AQUÍ)
A primeira semana do mes foi moi cortiña, de so 3 días, pero non paramos. Fixemos moitas artistadas, incluso en inglés coa teacher, coa que reciclamos unhas botellas de plástico para facer unha cousa chulísima que é un segredo. Ademais, á nosa planta Pepita chegoulle unha amiga á que chamamos Juanita: están as dúas preciosas!! Rematamos esta semana cun consello de nenos no que Andrea, Mael e Dylan, nos representaron de marabilla!
A semana do 8 ao 12 de maio estivo chea de artistadas de primavera e de picnics no patio. Fixemos un paseo ata o río a buscar auga, para unha charquiña de cágados que fixeron os compis da clase da profe Jeni. Tamén comezamos unha sorpresa para o día da familia. E todo isto sen deixar de traballar cos números, coas letras, coa música... e tamén co corpo, que ata podedes ver un pouquiño do moito que traballamos na clase de psicomotricidade.
Este vídeo é un pouco máis longo, pero e que a semana do 15 ao 19 foi moi especial. Rematamos as sorpresas para as nosas familias, que son as mellores do mundo! Desfrutamos de contadas chulísimas, que prepararon compis de outras clases; investigamos a Don Paco, o protagonista do día das letras galegas e rematamos a semana cunha visita moi especial: puidemos tocar a serea do coche da poli!! No vídeo podedes ver como cada día somos máis autónomos traballando e cada día aprendemos máis!
A semana do 22 ao 26 de maio rematámola coa festa do galego, na que todo o cole fixemos unha andaina ata A Pradeira, que rematou cun super concerto (xa vos ensinaremos no blog de Arnaldo o ben que o pasamos!).
Foi unha semana na que traballamos un montón e seguimos experimentando con novos materiais, coma o barro, que nos encanta, e descubrimos que tamén serve para pintar! As letras dos nosos nomes son as que máis nos motivan, cada día controlámolas máis e facemos moitos xogos con elas.
Ademais das diferentes propostas que temos cada día, esta semana fixemos moitas artistadas, porque imos preparado cousiñas para final de curso, e tamén fixemos un super cadro con arte RqueR porque os super erres aproveitan todo, e nós, neste cadro, pegamos moitas cousas de cartón que xuntamos durante o curso e despois pintámolo líbremente: encantounos!!! Fixémolo moi concentrados e relaxados... e moi cantarines!! Rematámolo para celebrar o día do medio ambiente.
Ningún comentario:
Publicar un comentario