A semana do 11 ao 14 de abril volvemos ao cole, despois das vacacións de semana santa, e fixémolo coas pilas cargadas e con moitas ganas de seguir aprendendo. Entre outras cousas, seguimos xogando cos nosos nomes, de diferentes formas que nos divirten e nos motivan. Introducimos un xogo con pinzas da roupa: que difícil pero canto nos axuda a traballar a forza e a precisión cos nosos dediños. Tamén aprendemos a xogar ao bingo que fortalece a nosa atención e é moi divertido!!
A semana do 17 ao 21 foi a semana do libro e descubrimos moitos contos cos que contamos, cantamos, xogamos, dramatizamos: encántannos as historias!! Ademais de todo o traballo e actividades da aula fixemos dúas, moi especiais, con todos os compis do cole: "Nova vida aos libros" e o "Apadriñamento lector" (podedes ver máis no blog de Arnaldo premendo AQUÍ)
Na última semana do mes, do 24 ao 28, dedicamos moito tempo a facer traballos artísticos xogando cos números, coas cores, coas letras, coa primavera... calquera escusa é boa para manchar as mans de pintura! Algo que nos fixo desfrutar moito foi descubrir o barro e comezar a experimentar con el: encantounos!! Despedimos a semana cunha actividade moi especial que compartimos con todos os compis do cole: BASURALEZA! Entre todos limpamos carballeiras e roteiros cercanos ao cole: Super Erres en acción!! (podedes ver máis de Basuraleza no blog de Arnaldo premendo AQUÍ)
Este mes Alicia deu a súa 4ª volta ao sol e celebrámolo con ela: encántannos as festas! Parabéns Alicia!
E tamén Paula estivo de aniversario e celebramos con ela que xa ten 4 anos: parabéns Paula!
Ningún comentario:
Publicar un comentario