Na clase de 4 anos os nenos e nenas comezamos o curso con moita enerxía. O tempo pasa moi rápido e neste verán medramos moitísimo.
Nos primeiros días traballamos o conto "Aquiles o puntiño" e a partir del decidimos facer os nosos corpos con diferentes formas xeométricas dando renda solta a nosa creatividade.
Anxo e Antón trouxeron espigas de millo e foron todo un éxito, pois todos quixemos debullar. Agora temos o millo na mesa sensorial para xogar.
Para darlle a benvida ao outono fixemos un pequenos murais e pintamos a cara. Ademais fixemos unhas variñas de outono coa profe Bea.
Este curso estamos facendo desdobres e a profe Bea nos leva a aula de luz, traballamos cos ipads, robótica, facemos grafismo creativo e arte. Encántanos!!!
Normalmente aproveitamos o momento da asemblea ou dos desdobres para facer xogos de lóxica-matemática, lecto-escritura e xogos de mesa.
Cargamos os camións con tantas pezas como indica o número
Xogamos coas cartas de cans- números
Xogamos coas cartas de dedos
Xogamos ao bingo
Xogamos a "Os tres porquiños e o lobo"
No mes de setembro celebramos a aniversario de Vera Méndez que xa ten 4 anos. Parabéns campiona!!!
Aprendemos moitas cousas e sempre xogando!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario