Setembro foi un mes cheo de novidades e celebracións, achegádemos a esta ventaniña a ver o que fixeron os peques:
Despois de pasar un verán pola nosa horta, mirade que bonitos estaban os nosos tomates:
Entre todos decidimos aproveitar os tomates recollidos para facer unha pantumacada!! Como nos gusta!!!
Tamén aproveitamos as mazás da nosa maceira e decidimos facer un biscoito de mazá, encantanos cociñar!
Queda claro que os de 5 anos somos moi lambóns....
Temos novos recunchos e materiais que exploramos de xeito libre e creativo:
No recuncho de Matemáticas traballamos para chegar a nocións de espazo, cantidade, seriacións, ordenacións, etc..
O recuncho de Arte está a tope de producción:
Un dos recantos que máis nos gusta é o de Puzzles e Xogos de Mesa, aquí traballamos a percepción e memoria, ademais do traballo en equipo e saber respectar as regras de cada xogo e quendas.
Tamén temos unha zona nova de creación de mandalas e de diana, para afinar a puntería:
Na zona de asamblea seguimos traballando actividades manipulativas de matemáticas, actividades de lectoescritura (xa estamos introducindo as minis) e comezamos un miniproxecto sobre FAROS:
O que aprendemos na asamblea, despois traballámolo na ficha:
Nos desdobres, coa profe Bea, divertímonos moito, argalla cousas que nos encanta facer!!
Tamén visitamos a aula de luz que nos encanta:
Este mes celebramos os aniversario de ARI, SARA e EYDAN:
E para relaxarnos non hai nada como un bo paseo pola carballeira ata o río, un contiño, música clásica e pequeno descanso, e sobre todo, modelar coa plasti que nos relaxa e nos encanta, e facemos cousas moi chulas!
Esperamos que o mes de outubro sexa tan produtivo como o foi setembro, vémonos!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario