Bo día familias!!
Terribles crimes se cometeron dende fai tempo contra o bicherío do cole... dende persecucións, ata secuestros hostís! (das torturas non imos a falar xa que son algo do que nos queremos esquecer...) Pero todo isto cambiou... pois era froito do descoñecemento do “mundo bichil”, agora, as nenas e os nenos de 5 anos estámonos a converter en exploradores expertos sobre os bechos, e temos probas que o acreditan, velaquí o noso carnet:
Estamos investigando arreo para aprender moitas cousiñas sobre os insectos e demais bechos que nos rodean. Contámosvos: descubrimos moita información sobre as xoaniñas, como os seus diferentes nomes en galego, como é o ciclo da súa vida, e que as súas alas se chaman élitros.
Tamén soubemos que un bo explorador/a precisa material para realizar ao xeito a súa labor, así que na aula temos lupas, tarros, pinzas... para facer ben as nosas investigacións. Aquí nos tendes mans a obra:
Non fai falla dicir que o pasamos pipa observando!
E tivemos moita sorte, porque nos trouxeron un marabilloso hotel de bichos ao que vamos a mirar cada vez que saímos ao patio non vaia a ser que teñamos hóspedes e non o saibamos...
É moi díficil non querer levar algún bechiño para a casa, pero tranquilidade! de momento non vai a ser o caso, os bechos do cole quedan no cole. Contentámonos con coidalos aquí e facer recreacións na aula, temos moita imaxinación.
Nestres intres estamos adentrándonos no complexo mundo das abellas, e, para elo, a mestra montounos un recanto con imaxes e información ao que podemos ir a xogar e preguntar dúbidas e curiosidades:
Así mesmo, comezamos a ver un conto moi interesante no que se explican moitas cuestións. E agora sabemos que as abellas non son tan malas como parecen, e que a veces as confundimos coa avespa velutina, esa sí que non nos gusta. De feito, a finais do segundo trimestre elaboramos unha trampa para capturalas e evitar molestias no patio e nos arredores. Estamos feitos e feitas uns manitas!!
Como vedes, calquera excusa é pouca para poñernos mans a obra e crear, e como onte celebramos o Día do Libro non íamos a ir coas mans baleiras! Como puidechedes comprobar, fixemos un marcapáxinas e ademais recibimos un agasallo que nos fixo moita ilusión.
Coñecimos a Jackson Pollock, bueno, coñecelo... dende a rede, non vamos a mentir tampouco! E vimos que este artista tiña unha forma un tanto peculiar de elaborar as súas obras, pintando mediante diferentes técnicas como a do goteo e empregando canicas para esparcir pintura, e claro está, houbo que probar.
E seguimos avanzando paseniñamente na lectura de palabras e na escritura, esta agora en minúsculas!! Para axudarnos, a profe fíxonos unhas regletas moi prácticas e así temos a man todas as letras tanto en maiúscula como en minúscula. Estamos moi orgullosos e orgullosas dos nosos progresos.
E seguimos avanzando paseniñamente na lectura de palabras e na escritura, esta agora en minúsculas!! Para axudarnos, a profe fíxonos unhas regletas moi prácticas e así temos a man todas as letras tanto en maiúscula como en minúscula. Estamos moi orgullosos e orgullosas dos nosos progresos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario