luns, 30 de marzo de 2020

BOLETÍN DE ACTIVIDADES 3 ANOS (III)

Ola familias!!!
Xa estamos por aquí de volta e xa mirei todas as cousas super chulas que estades a facer!!! Faime moita ilusión recibir novas vosas e poder mirarvos, por que sabedes unha cousa... BÓTOVOS MOITÍSIMO DE MENOOOOOSSSSS!!! pero non vos preocupedes que xa queda menos e en nada estaremos de novo de volta no cole xogando e desfrutando coma sempre!!!

O 21 de marzo, ademais de ser o día da poesía, tamén comezou a primavera e por iso nesta semana imos traballar sobre esta colorida estación.

1. Conto primaveral. Comezamos mirando un conto sobre a primavera que espero que vos guste. Para iso, fai clic na seguinte ligazón
* Falamos da historia que acabamos de escoitar e facémoslles preguntas de compresión sobre ela:
- Que pasou con Pepón? Que nota diferente Pepón fóra da casa? Quen aparece no conto? E por que volve? Que planta Pepón?
E a partir de aquí podemos falar con eles de que cousas necesitan as plantas para medrar o que nos leva a seguinte actividade:
* Imos plantar unha semente. Para facelo podemos empregar un envase de iogur que decoraremos como queiramos. Metemos algodón (se non temos podemos facelo con papel de cociña ou hixiénico) e lentellas ou fabas e o humedecemos. O colocamos nun lugar onde lle de o sol e esperamos a que naza. Outra idea que fixen eu na casa foi empregando unha bolsa de plástico transparente e así eles poder ir vendo o seu crecemento.



2. Poema primaveral. Traballamos sobre unha poesía. Eu escollín unha relacionada coa primavera, pero tamén podedes elixir outra que vos guste.

* Actividades con esta poesía:
- Rodeamos as letras "A"que aparecen na poesía.
 Esta ficha, se non tendes impresora, non é preciso que a imprimades. 
 Podemos traballar cos nenos/as a letra A (e as demáis letras) doutras maneiras divertidas como por exemplo: buscala en revistas ou folletos que temos por casa, nos contos, nas etiquetas de alimentos....   Aquí vos deixo un enlace a un páxina con 10 ideas con letras moi interesantes.

- Que animais aparecen na poesía? Contamos cantos caracois, paxaros e bolboretas hai na ficha debuxados.
- Pola parte de atrás da ficha cada neno/a pon (ou intentar poñer) o seu nome con letras maiúsculas, para iso lles damos un modelo onde estea escrito, para que o vexa e o copie.
- Facemos unha actividade plástica. Aquí déixovos varias ideas, xa que vai depender dos recursos cos que contedes:
  Para facer estes puntiños podemos empregar os bastonciños das orellas, mollando estes na pintura de cores. Se non temos un paliño para facer o corpo podemos empregar outras cousas que se nos ocorran: culler de plástico, paliños finos...
 

 Estas bolboretas, ou as que elixades facer, podedes colgalas nas vosas casas para decorar e enviarme as imaxes para encher o blog de primavera!!!
- Podedes gravarvos recitando  esta ou outra poesía relacionada coa primavera: podedes facelo en familia, empregando disfraces, bonecos ou monicreques, déixovolo á vosa elección!!!
Logo enviádeme o vídeo a miña conta de correo e así poderemos vernos todos e todas de novo a través do blog.

3. Grafomotricidade:
    Igual que no caso da ficha anterior, se non tendes impresora, podedes elaborar vos mesmos a ficha ou podedes tamén traballar este trazo empregando outros materiais 
- Bandexa con pan raiado, area..
 -Repasar diferentes trazos cos bastoncillos das orellas mollados na pintura
-Podemos picar diferentes trazos empregando unha bandexa de poliespan e un escarvadentes.
- Continuar os trazos pegando gomets.


4. Ioga en familia: esta actividade fágoa eu coa miña filla e encántanos!!!
5.  Experimento 
6. Cancion da primavera. Aprendemos esta canción e imitamos os xestos.
7.  Enlace a xogos educativos on line

Bueno creo que por agora chega de propostas.   Xa sabedes que podedes botar un ollo as anteriores publicacións que puxemos en infantil tanto eu coma as miñas compañeiras así como as dos especialistas, o departamento de orientación e sobre todo o blog de "As pegadas de Arnaldo" .
Un bico enoooooormeeeeee e recordade que "canto antes deixemos de facer vida normal antes voltaremos á normalidade"

#NÓSQUEDAMOSNACASA

Ningún comentario:

Publicar un comentario