Comezamos esta semana cunha visita moi especial: a dos nosos veciños! Si, si, os nenos e nenas da Galiña Azul estiveron no noso cole, que xa nos apetecía moito vernos máis de cerca e poder xogar xuntos.
Por suposto tiñamos todo preparado para ser uns excelentes anfitrións! Os da clase de 3 anos e Arnaldo recibiron aos pequerrechos, cos que fixeron unha actividade musical. Grazas a nosa profe de música, Luz, todos estes peques de 2 e 3 anos se convertiron nunha gran orquestra. Mirade neste vídeo que ben o fixeron!!
Despois baixaron ata a clase de 4 anos onde fixeron un sinxelo obradoiro plástico.
Coa gran axuda dos nenos e nenas da clase de 4, cada un fixo un títere de Arnaldo para non olvidar a mascota de Seixo que tanto queremos.
Traballaron moi concentrados e axudándose uns aos outros: daba gusto velos!!
Despois foron a xunto dos nenos e nenas da clase de 5 anos que os agardaban cun montón de contos.
En parellas ou pequenos grupos, estiveron no patio lendo.
Foi un momento moi especial compartindo e coñecéndose rodeados de contos!
E por suposto non podía faltar unha rica merenda que compartimos no patio. Seguro que quedastes con ganas de ver máis fotos, verdade? Pois aquí vos deixamos un resumo de todo o que fixeron.
O remate final foi un tempo de xogo libre no patio, os da Galiña estaban desexando xogar no noso marabilloso patio que sempre ven dende o outro lado da ventá e pasámolo pipa: unha maña estupenda!
Volvede pronto a visitarnos!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario