No mes de febreiro celebramos o día de Rosalía, e queremos que dende pequenos os peques coñezan a súa obra e o importante que foi para a nosa lingua. Por iso, de forma especial, limos poemas seus, escoitamos cancións relacionadas coa súa vida.... e entre todos fixemos este mural tan chulo!
Para facelo primeiro pintamos retratos de Rosalía con témperas de barra: cada un elexiu 3 cores para pintala.
Despois, con axuda da profe, recortamos as letras do seu nome... cada día nos gusta máis practicar coas tesoiras e imos collendo precisión!
Despois clasificamos as letras en botes e xogamos con elas pensando diferentes palabras que comezan co mesmo son.
E despois tocounos facer un traballo moi laborioso no que tivemos que estar moi concentrados. Despois de ver como se escribía o nome de Rosalía, con 7 letras, tivemos que buscalas e pegalas en orde.
E como despedida vos deixamos unha canción de Rosalía que nestos días usamos para relaxarnos e que sonou de fondo durante este traballo que requería moita concentración... esforzámonos moito e por iso o mural quedou tan requetechulo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario