Os peques da clase de 3 anos, coa axuda das súas familias, participaron no mural conxunto facendo diferentes paxaros que voaban na mesma dirección.
Na clase contamos moitos contos sobre a paz (o noso preferido segue sendo o da Xacia Luviñas!!), e xogamos coas letras desta palabra que nos parecía moi fácil de escribir (con imáns, con letras de madeira...) por ter so 3 letras, o cal espertou a curiosidade dos peques....
E calquer motivo é bo para manchar as mans!
Despois de facer tantos paxaros pola PAZ, os peques querían debuxar pombas...
...así que entre todos fixemos unhas sinxelas pombas para non olvidarnos do paxaro símbolo da paz.
Ningún comentario:
Publicar un comentario