mércores, 14 de febreiro de 2018

DESFILE ROBÓTICO DE ENTROIDO

Un dos recursos que Arnaldo nos ofrece dende a biblioteca son os robots que causan moita expectación entre os peques.



Orientación espacial, conteo... son moitas as cousas que traballan para programar os robots e conseguir que se movan como eles queren. 



Xogamos con letras e cunha expectación total: ningún quixo facer outra actividade mentres esperaba o seu turno!



Con Beebot e Bluebot tamén puidemos facer carreiras: doble diversión!



E aproveitando o entroido, tamén fixemos disfraces para os robots: cada un fixo un deseño diferente, único e especial. 



E os disfraces son para lucir, así que o día do desfile no cole, os robots tamén fixeron o seu.



Neste vídeo podedes ver o desfile completo con todos os deseños: marabillosos!

Ningún comentario:

Publicar un comentario