venres, 30 de marzo de 2018

SEMANA DA PRENSA NA CLASE DE 3 ANOS

No cole mesturamos a semana da prensa co día da muller e todos estivemos buscando noticias de mulleres en diferentes ámbitos. Aos de infantil tocounos investigar sobre deportistas. Os da clase de 3 anos, despois de ver varias noticias, seleccionamos a de Andrea González, unha lanzadora de xabalina que gañou o ouro nacional fai pouco. A verdade é que a xabalina lles chamou un monton a atención porque lles parecía que lanzaba unha espada. 


Investigamos sobre Andrea e plasmamos na noticia os datos que aprendemos sobre ela. Fíxonos moita ilusión ver a noticia exposta e coñecer a outras mulleres deportistas.



Foi xenial descubrir deportes novos que non coñecíamos... pero sobre todo nos encantou a xabalina. Despois de ver vídeos quixemos saír ao patio a probar nós mesmos a lanzar como Andrea... porque parecía fácil, pero é moi difícil!! Mirade neste vídeo que xeito temos jejeje



Despois de medir os nosos lanzamentos, vimos cantos metros lanzou Andrea para gañar a medalla de ouro.... 44 metros e pico!!!



Para darnos conta de canto é o que lanzou volvemos a usar a cinta métrica, pero esta vez tivemos que estirala varias veces: alucinamos co lanzamento de Andrea!!!



Despois aproveitamos para facer debuxos de Andrea, escribir a súa inicial, o números dos metros que lanzou....




As tesoiras foron moi útiles na semana da prensa, ademais de recortar noticias, cada vez con máis precisión, tamén fixemos un traballo plástico con recortes do xornal. 



E unindo un pouco de témpera fixemos uns cadros chulísimos!



Mirade algúns exemplos dos retratos que fixemos de Andrea!



A gran sorpresa chegou a piques de irnos de vacacións... recibimos unha chamada de Andrea avisando que enviaría un paquete a nosa clase.... ufff estivemos moi nervios ata que chegou o paquete... algúns incluso aseguran ter visto a Andrea! ;)


E dentro había medallas para todos, medallas pola igualdade no deporte, e por ser uns campións lanzando a xabalina.



Que emoción!.... pasámolo pipa lanzando a xabalina e encantounos coñecer a historia dunha campiona como Andrea. A pena que nos quedou foi non coñecela a ela en ver en directo esa xabalina tan grandísima que ten un pincho: deixounos alucinados!

Ningún comentario:

Publicar un comentario