A semana pasada dedicámola á prensa e ó dia da muller traballadora para o que
buscamos en diferentes xornais noticias nas que as protagonistas
fosen mulleres. A infantil tocounos buscar mulleres deportistas e asi foi
como atopamos a noticia de Ana Peleteiro e a súa medalla de bronce na
categoría de triplo salto.
O primeiro que fixemos foi ver diferentes xornais que hai, como son, as seccións que teñen, características...
Despues vimos e falamos sobre os diferentes deportes e o papel das mulleres nos mesmos.
Logo traballamos coa noticia de Ana Peleteiro. Visionamos o
vídeo do seu salto, cun metro observamos a distancia do salto e
intentamos saltar como ela...
O primeiro que fixemos foi ver diferentes xornais que hai, como son, as seccións que teñen, características...
Con toda a información fixemos unha ficha onde traballamos a noticia (en que xornal a atopamos, a data de publicacion, sección..)
Rematamos facendo un bonito mural e levándonos para casa unha medalla "POLA IGUALDADE" igualita que a de Ana Peleteiro!!!
Rematamos facendo un bonito mural e levándonos para casa unha medalla "POLA IGUALDADE" igualita que a de Ana Peleteiro!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario