luns, 30 de xuño de 2025

XUÑO COA TROPA DE 5 ANOS: ÚLTIMO MES EN INFANTIL!

E case sen darnos conta chegou xuño, e con el o último mes en infantil desta bonita tropa... cantas aventuras vivimos estes 3 cursos!
 

Xuño foi un mes cargadiño de actividades e un mes no que vivimos momentos moi intensos e emotivos. Construímos o bus para a nosa obra de teatro, rematamos as cápsulas do tempo e xuntos pechámolas ata 2031, preparamos agasallos para o profesorado, rematamos traballos do curso que levamos para casa... non paramos!!


Para final de curso tocábanos facer unha actuación especial, pero non queríamos bailar, e preferimos facer teatro. A profe propúxonos a obra do chicle e non o dubidamos: encantounos! Ademais de practicar duro para gravar as voces na radio, ensaiamos moito, e notouse ben no resultado porque foi todo un éxito! Aquí vos deixamos o ensaio final. 


O día da graduación foi un día moi especial no que, ademais de graduarnos, estreamos a nosa obra de teatro, estábamos a tope de nervios pero fixémolo de marabilla. Podedes ver un resumo desde día premendo na imaxe da orla.
E por suposto non faltaron as celebracións dos aniversarios, que ademáis tivemos un montón!!! Pablo, Saúl, Dylan, Gala e Eira celebraron 6 voltas ao sol!!






Entre festa e festa, sempre compartindo e aprendendo en equipo, despedimos este último mes en infantil, con moitas ganas de verán e de subir ao piso de arriba: que se preparen en primaria que chega unha nova pandilla!

Ningún comentario:

Publicar un comentario