Ola familias!!!
Comezamos o trimestre con moita motivación e novas propostas de xogo:
Como sabedes temos varios proxectos en curso:
A metereoloxía:
Traballamos no obradoiro de literatura infantil o conto de "El sol llega tarde".
Seguimos facendo o rexistro do tempo atmosférico, cada vez facémolo mellor!
Analizamos como se producen diversos fenómenos aproveitando o que pasa ao noso arredor:
Practicamos o grafismo do vento na pantalla para despois facelo en papel:
Aproveitando a celebración do día de Rosalía de Castro, buscamos un poema que tivese que ver co tempo atmosférico e traballamos "Como chove miudíño".

Iniciamos o proxecto de arte: "Hervé Tullet e as cores".
Comezamos o proxecto das emocións: Traballamos o amor e a alegría a través dos contos: "Así es mi corazón", "Adivina cuánto te quiero", "O monstro de cores", e "Mis pequeñas alegrías".
Verbalizamos a quen queremos moito e cales son os motivos polos que estamos contentos, escribímolos e o representamos nunhas nubes e gotas de choiva para decorar o corredor:
Co profe Óscar estamos a facer un corazón chulísimo para debuxar as persoas que máis queremos:
Vivimos tamén a emoción da alegría co que nos gusta facer:
Saltar nos charcos da chuvia:
Facer pompas:
No obradoiro de grafismo creativo tamén aproveitamos a temática do tempo e facemos outras chuladas, esforzámonos moitísimo!


Aprendemos a facer mandalas:
No obradoiro de cociña aproveitamos para recoller as laranxas do laranxo do patio e fixemos un zume riquísimo!
No obradoiro de ciencia, fixemos tres experimentos:
A neve:

O xeo:
Primeiro plantexamos as hipóteses de cómo se podía facer xeo, e despois de propoñer, con sal con fariña e con auga, fixemos a proba con cada un deles meténdoos nuns globos, e pensamos o seguinte proceso, uns dicían que había que metelos na neveira e outros no conxelador. Puxémolos en ámbos lados, esperamos un día enteiro e despois comprobamos cales das nosas hipóteses eran as correctas.

Gabi troúxonos un pouco de xeo instantáneo e observamos como se disolvía:
Seguimos traballando a lectoescritura nas rutinas diarias, a través dos contos das letras, xogos de conciencia fonolóxica e a través dos seus nomes:

Traballamos a lóxicamatemática a través de xogos manipulativos, facemos a grafía dos números, conceptos básicos:
Na aula de luz pasámolo moi ben:
No obradoiro de literatura infantil traballamos o conto de "Coelliño branco", e despois o modelamos con plastilina, e o conto de "Perdido". Para os dous fixémolos en grande, pintámolos e asociámolos aos números:
Co profe Óscar fixemos unhas cariñas con todo detalle!
Outros momentos do cole:
Coidamos da nosa plantación de carballos, castiñeiros e nogais:
Xogos no patio:


E no ximnasio:

Practicamos a volta a calma despois dos xogos no patio, momentos de descanso, relaxación e tranquilidade:
Elaboramos os disfraces para a festa de entroido:

E as familias tamén!

Así de guapos quedamos e desfilamos!

Por último, tocounos despedirnos da nosa profe Yesi, moitas grazas por axudarnos tanto profe, botarémoste moito de menos! Así de forte a abrazamos para que non se esqueza de nós e teña ganas de volver de visita: