luns, 6 de maio de 2024

ABRIL DOS LIBROS NA CLASE DE 4 ANOS

Abril está cheo de libros e de actividades especiais, e temon un montón de vídeos, porque sen dúbida foi un mes moi intenso, no que estivemos acompañados pola profe Inés que nos axudou e coidou un montón.
A primeira semana do mes tivemos unha saída ao museo de Pontevedra e desfrutamos moito porque sempre é unha aventura saír do cole en bus rodeados de compis.

  

Na segunda semana, do 8 ao 12 de abril, pasaron moitas cousas! Seguiron chegando retos de Arnaldo en medio de días de traballar un montón. Pero ademais tivemos dous días especiais que merecen vídeos aparte.


Guille, o papá de Mael, respondeu á mensaxe que lle mandamos pedíndolle axuda, e veu a axudarnos na nosa investigación sobre as Píntegas, e, de paso, ensinounos un montón sobre a vida dos vertebrados de Seixo. Pasámolo pipa, pasóusenos a mañá voando e aprendemos un montón: graciñas Guille! volve pronto!


Tamén tivemos a segunda sesión con Cristina, esta vez sobre Ioga e regulación emocional. Desfrutamos un montón. 


A semana do 15 ao 19 seguimos facendo ioga coa profe Inés, que nos ensina moitas cousas. Por suposto seguimos traballando e aprendendo mentres xogamos coas letras, cos números, coas formas, mentres practicamos os trazos...: nótase que imos medrando un montón!
 

Do 22 ao 26 de abril tivemos dúas actividades especiais. Para celebrar a chegada da primavera plantamos flores nas botas vellas e tamén fixemos o apadriñamento lector, para celebrar o día do libro: todas as escusas son boas para compartir tempo cos maiores, e máis si é arredor dun libro!


Ademais abril é o mes no que celebramos máis aniversarios, e na nosa clase non perdemos ningunha oportunidade de facer festa e compartir as alegrías, por iso desfrutamos moito coa chegada dos 5 anos para....

Parabéns XOEL!

Parabéns ALICIA!

Parabéns PAULA!

Parabéns XAVI!