sábado, 20 de setembro de 2025

REMATAMOS 4 ANOS!!!

 Ola familias!!! aquí tedes fotos dalgunhas das actividades que levamos a cabo o ultimo trimestre de 4 anos. Espero que gocedes véndoas xuntos en familia e benvidos a un novo curso escolar!!!

- Artisteamos 

- Saímos de excursión

- Aprendemos xogando




- Imos á aula de luz:

- Festexamos os aniversarios:





 

 

martes, 1 de xullo de 2025

RECORDOS E DESPEDIDA DA TROPA DA PROFE ANA

Na aula de 5 anos fixemos unha despedida moi especial na que nos xuntamos todas as nenas e nenos da clase coas familias, e puidemos despedir este ciclo tan especial. Pechamos a caixa coas cápsulas do tempo e compartimos recordos que nos emocionaron un montón, como este vídeo do primeiro ano no cole.

Seguimos recordando o paso por infantil cun resumo do segundo ano no cole... como pode ser que medrasen tan rápido??

E para despedirnos, emocionámonos vendo un vídeo despedida dos nenos e nenas, no que contaron o que máis lles gustou de infantil e o que máis botarán de menos.

Toca cambiar de ciclo, de piso, de profe... pero seguir desfrutando e aprendendo en equipo! Botaremos moito de menos a Saúl pero esperamos as súas visitas e seguro que seguiremos compartindo tardes de parque, de praia...

Ata sempre! Feliz verán tropa bonita!

luns, 30 de xuño de 2025

XUÑO COA TROPA DE 5 ANOS: ÚLTIMO MES EN INFANTIL!

E case sen darnos conta chegou xuño, e con el o último mes en infantil desta bonita tropa... cantas aventuras vivimos estes 3 cursos!
 

Xuño foi un mes cargadiño de actividades e un mes no que vivimos momentos moi intensos e emotivos. Construímos o bus para a nosa obra de teatro, rematamos as cápsulas do tempo e xuntos pechámolas ata 2031, preparamos agasallos para o profesorado, rematamos traballos do curso que levamos para casa... non paramos!!


Para final de curso tocábanos facer unha actuación especial, pero non queríamos bailar, e preferimos facer teatro. A profe propúxonos a obra do chicle e non o dubidamos: encantounos! Ademais de practicar duro para gravar as voces na radio, ensaiamos moito, e notouse ben no resultado porque foi todo un éxito! Aquí vos deixamos o ensaio final. 


O día da graduación foi un día moi especial no que, ademais de graduarnos, estreamos a nosa obra de teatro, estábamos a tope de nervios pero fixémolo de marabilla. Podedes ver un resumo desde día premendo na imaxe da orla.
E por suposto non faltaron as celebracións dos aniversarios, que ademáis tivemos un montón!!! Pablo, Saúl, Dylan, Gala e Eira celebraron 6 voltas ao sol!!






Entre festa e festa, sempre compartindo e aprendendo en equipo, despedimos este último mes en infantil, con moitas ganas de verán e de subir ao piso de arriba: que se preparen en primaria que chega unha nova pandilla!

martes, 24 de xuño de 2025

Así rematamos os peques de 3!

 Ola familias!!! 

Xa rematado o curso queremos amosarvos cantas experiencias, momentos e aprendizaxes vivimos neste terceiro trimestre, ollade!!

 Durante a primeira sesión xogamos libre nos recantos e facemos auténticas marabillas!

 

  

 

   

 Continuamos coa rutina de actualización do calendario enmarcada como tarefa do proxecto "Metereoloxía": deste xeito traballamos o tempo atmosférico, a lectoescritura, buscando o mes no que nos atopamos e a lóxica-matemática, identificando o número do día no que estamos e ao final de cada mes, facemos o conteo do tempo que fixo na gráfica.

 

 

 Logo de actuaizar o calendario imos a asamblea, donde o encargado fai as tarefas individuais que lle corresponden mentres que outros compañeiros prestan atención e axudan puntualmente.

 

Os luns aproveitamos para facer o obradoiro de arte co proxecto "Herve Tullet":

 

  

 

 

 

 

 

 

 Os martes traballábamos lóxica-matemática:

 

 
Tamén tiñamos o obradoiro de xogos co profe Óscar:


 

Os mércores eran os días adicados a actividades de lectoescritura:




Os xoves traballabamos o proxecto de Metereoloxía:
 



Tamén imos con Natalia, e xogamos a cousas moi divertidas:


Os venres de paso que iamos a biblioteca contábamos un contiños sobre o proxecto "As emocións" e segíamos facendo actividades sobre elas:
 





 
Preparamos tamén a canción do mostro de cores e cantámoslla ao resto do cole:
 
 
Así de guapos lucíamos coas nosas coroas: 
 
 

Despois do patio sempre aproveitamos para facer un pouco de ioga, relaxación ou actividades mais tranquilas como coidar a horta ou contar contiños:


 
 
 
  
 


Tamén fixemos moitas outras actividades especiais:

Grabacións na radio:

 

Celebración dos aniversarios:
 



Apadriñamento lector, día do libro:
 
 
Festa da lingua:
 

Día da familia:

 


Saída de fin de curso:








Festa da auga:



Como vedes, no cole non perdemos o tempo, todo isto que facemos e traballamos axúdanos a medrar, e alá imos, a polo curso de 4 anos!
Agora é momento de descansar, desconectar e gozar da vida! Vémonos pronto!