martes, 12 de xaneiro de 2016

HOXE CONVERTÉMONOS EN CONTACONTOS

Hoxe os nenos e nenas da clase de 4 anos visitamos a biblioteca... e algúns decidimos quitarlle o traballo á profe e encargarnos nos mesmos de contar os contos.
Como podedes ver os nosos compañeiros estaban pasmados: son un público estupendo! 


Lucía foi a primeira que se animou

Naroa tamén se apuntou a contar un conto

Diego tiña a todos moi atentos

Fuco tamén se animou

E Daniela tampouco quiso perder esta oportunidade 

Carlota foi a utima valente de hoxe

Seguro que a próxima vez haberá mais voluntarios porque o pasamos moi ben escoitando a estes maravillosos contacontos. 
E na seguinte contada faremos un vídeo porque son dignos de ver! 
Ao que si que nos apuntamos todos foi a sumerxirnos nos libros tan chulos que ten Arnaldo na biblio!



domingo, 10 de xaneiro de 2016

FELIZ ANIVERSARIO SARA, LUCÍA E PABLO¡¡¡


Durante o mes do Nadal tivemos de aniversario a Sara e a Lucía que xa cumpriron os 5 anos. Tamén en xaneiro cumpriu anos o maior da clase: Pablo, que xa ten os 6 anos¡¡¡ Moitas felicidades aos 3¡¡¡



 

PROXECTO POR QUE CHOVE? (VIII)

Durante a parte final do proxecto contamos coa visita e colaboración dunha importantísima científica a nivel internacional que nos veu facer na aula toda unha serie de experimentos super intererantes coa auga: a científica Andrea¡¡¡¡


O primeiro experimento que nos fixo foi o de observar que obxectos flotan na auga e cales se afunden. Comprobamos o principio de Arquímedes con este sinxelo experimento.




Outros experiementos foron os seguintes:

- Experimento "a auga que non cae". Sobre a carta actúan dúas forzas: por unha banda, o peso do auga, e doutra banda, a presión atmosférica do aire. Aínda que non a vexamos, si a auga non se cae é porque a presión atmosférica exerce tanta forza sobre a carta que é capaz de suxeitar todo o peso do auga.






 - Experimento Fairy- pimienta.A explicación científica deste experiemento é que debido á tensión superficial, a pimienta flota na superficie. O xabón rompe a tensión superficial e a auga se expande. Séntese atraída polas moléculas de auga no exterior, polo que se despraza cara a fóra e despraza as partículas de pimienta con ela




- Experimento "imperdible flotante": a tensión superficial do auga impide,coma se fose unha cama elástica, que o imperdible atravese a superficie líquida.





- Experimento "o ovo que flota":

Sobre o ovo actúan dúas forzas: o seu peso (a forza de gravidade que o empuxa cara abaixo) e o empuxe do auga (resistencia do auga que o leva cara arriba). Si o peso é maior que o empuxe do auga, o ovo afúndese. En caso contrario flota e si son iguais (ou aproximadamente iguais): o ovo queda no medio.

O empuxe que sofre un corpo nun líquido depende de tres factores: a densidad do líquido, o volume do corpo e a gravidade. O volume e a gravidade mantéñense inalterables, pero ao agregar sae o que facemos é aumentar a densidad do auga, co que logramos que o empuxe sexa maior ao peso do ovo e entón o ovo flota.




- Experimento "auga-aceite":

Neste experimento observamos como o aceite flota na superficie debido a que ten unha densidade menor ( significa que para a mesma cantidade de aceite e auga, o aceite pesa menos ) e os corpos máis pesados sempre van cara ao fondo, e os máis lixeiros cara arriba.




 - Experimento "cantidade de auga": Con este experimento quixemos que os nenos reflexionasen sobre a cantidade de auga que hai en recipientes de diferente forma e tamaño. A cantidade de auga era a mesma e a pregunta que lles fixemos era onde eles pensaban que había mais auga ou onde había menos.




E por último tamén quero engadir aqui o experimento que fixo Manuela na súa casa e que compartiu con todos nós:

venres, 8 de xaneiro de 2016

OS DE 3 ANOS VISITAMOS A BIBLIO

Os peques do cole hoxe subimos ata a biblioteca para coñecela un pouco mais. 
Estivemos vendo e contando cantos ordenadores hai para investigar. 



Tamén descubrimos a fonoteca... 


E por suposto, todos quixemos comprobar que os cascos funcionaban ben! 




Despois de dar unha volta vendo os libros, localizamos a zona que mais interesante e a alí sentamos. Primeiro, a profe contou un conto que nos encantou a todos!


E despois estivemos disfrutando dos contos que mais nos gustaban!







Mirade que concentrados estivemos nos contos!



Pasámolo xenial! E foi moi divertido coñecer a Arnaldo, a mascota da biblio, que xa nos escribira algunha carta. Contounos que nos vai mandar mais, estamos desexando recibilas! 


Teremos que voltar pronto porque quedamos con ganas de ver mais contos e ademais Roque, Andrés e Joel, que hoxe non viñeron a clase, teñen que coñecer a Arnaldo!!