Por fin chegaron os agasallos de Nadal ao cole de Seixo. Este ano os
reis e papa noel acertaron co que queriamos e pasámolo xenial xogando
nos recunchos¡¡¡
mércores, 20 de xaneiro de 2016
venres, 15 de xaneiro de 2016
PSICOMOTRICIDADE EN EQUIPO
As clases de psicomotricidade algúns días requiren máis concentración, como esta semana que fixemos un xogo no que o máis importante era o traballo en equipo e moi concentrados.
Se vos fixades nas fotos veredes que non era nada fácil o que tiñamos que facer (un percorrido coa bola sen que caese e finalmente poñela na base) pero todos o acadamos grazas á concentración e á coordinación entre todos.
Aclarar que este equipo conseguiuno facer á primeira... pero á segunda, cando grabamos, escapouse xusto ao final: son unhas máquinas!!
VISITA DE PAPÁ NOEL E DO APALPADOR
O último día de clase antes das vacacións de Nadal recibimos a visita e
Papa Noel e do Apalpador que, ademais de deixarnos quitar unha foto con
eles de recordo, déronnos unha riquísima bolsa de chuches¡¡¡
FELIZ ANIVERSARIO ABEL¡¡¡
Onte estivo de aniversario o noso compañeiro Abel que xa cumpriu 6 anos¡¡¡¡Entre
todos cantámoslle feliz aniversario, fixémoslle uns preciosos debuxos e el regalounos uns contos estupendos para que leamos en casa coas nosas
familias¡¡¡
Moitas grazas Abel e feliz aniversario¡¡¡
FELIZ ANIVERSARIO RUTH!!
O día de reis, Ruth, a maior da nosa clase, cumpriu 4 anos, e celebrámolo xuntos á volta das vacacións.
Parabéns Ruth... que teñas un ano moi feliz!
XA TEMOS TODOS 3 ANOS!
Durante o primeiro trimestre moitos nenos e nenas da clase de 3 anos estivemos de aniversario, e agora xa temos todos 3 anos.
Queremos recordar todos os cumples que tivemos dende principio de curso cun montón de fotos para que vexades as tartas tan deliciosamente divertidas que facemos, o moito que bailamos... o requeteben que o pasamos!!!
Parabéns Diego, Olivia, Andrés, Reda, Andrés G., Valeria e Saúl.
mércores, 13 de xaneiro de 2016
VISITAMOS OS PETROGLIFOS DE MOGOR
Os nenos e nenas de educación infantil fixemos unha visita aos petroglifos de Mogor . Foi super interesante e aprendemos moitas cousas que durante este segundo trimestre traballaremos na clase.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


































