martes, 29 de marzo de 2016

FELIZ ANIVERSARIO UXÍA E SOFÍA¡¡¡¡

Antes de marchar de vacacións tivemos de aniversario a Sofía e a Uxía que cumpren as dúas o mesmo día¡¡¡ feliz aniversario chicas¡¡¡¡


martes, 22 de marzo de 2016

PROXECTO NEOLÍTICO (V)


Durante esta semana investigamos, coa axuda de Hugo e Noelia, todo o relacionado coa cerámica e fixemos unhas chulísimas olas de barro imitando ás que facían os nosos antepasados.




 Estes foron os resultados:


mércores, 9 de marzo de 2016

SEMANA DA PRENSA

Esta semana, ademais do Día Internacional da Muller, adicámola á Semana da Prensa, e por iso traballamos moito investigando e coñecendo como é un xornal  na aula.

xoves, 3 de marzo de 2016

ENTROIDO 2016....... 3 ANOS

  Último día do mandadiño, que ben o pasamos os máis pequeniños


                           Xa estamos preparados para "O enterro da sardiña", vestidos de viúvos e viúvas desfilamos polas rúas de Seixo.  
          

sábado, 27 de febreiro de 2016

DÍA DE ROSALÍA...AULA 3 ANOS.

O 24 de febreiro celebramos o día de Rosalía e que mellor que regalando marcapáxinas personalizados aos veciños e veciñas e enviando unhas preciosas postais ás familias!

 
 
 

mércores, 24 de febreiro de 2016

PROXECTO NEOLÍTICO (IV)

Hoxe Abel e Sara explicáronnos todo o relativo á caza e á pesca no Neolítico.
E tamén fixemos unha ficha:

FELIZ DÍA DE ROSALÍA!!!

Hoxe celebramos o día de Rosalía e malia que a mañá presentábase fea, ao final puidemos saír por Seixo e ir ata a oficina de correos e ao mercado a botar as postais de Rosalía e regalar as pegatinas chulas que fixemos na clase e de paso regaláronnos uns chupas... que sorte tivemos!!!!