martes, 18 de outubro de 2016

XOGANDO COS NÚMEROS

Na clase de 3 anos pasámolo xenial xogando cos números e coas cores: encántanos aprender xogando!






PREPARANDO A OLIMPIADA DO ZAPATO

Na clase de 5 anos estamos preparando a nosa olimpíada particular, porque neste ano olímpico non podía faltar a gran olimpíada do zapato.


Os dous equipos estiveron entrenando duramente.


"O equipo mundial" 


"O equipo ruedas"


Estiveron moi concentrados en todas as probas.


Foron moi rápidos facendo letras e outras cousas.


Seguiremos preparándonos para a gran olimpíada.

luns, 10 de outubro de 2016

DESFILE DE DISFRACES DE BEEBOT

Xa vos contamos AQUÍ que os peques da clase de 5 anos estamos experimentando coa robótica grazas a BEEBOT. 


Encántanos que Beebot nos visite porque estamos desfrutando e descubrindo moitas posibilidades de traballo que nos ofrece, E como queremos tanto a esta abelliña, decidimos poñela moi guapa! 


Cada un fíxolle un disfraz que Beebot luciu nun gran desfile. 


Pasámolo fenomenal vendo os deseños de todos os compis... rimos un montón! 


Cada día somos máis expertos en programar os movementos de Beebot!



Mirade que disfraces máis chulos fixemos! 





MOMENTO RELAX NA CLASE DE 5 ANOS

Os peques do cole teñen moita enerxía, e na hora de psicomotricidade non desperdician nin un segundo de actividade física... por iso, antes de marchar para casa, baixamos marchas e relaxámonos un pouco: música tranquila e masaxes compartidos. 

xoves, 29 de setembro de 2016

A CLASE DOS MÁIS PEQUECHOS

Os máis pequechos do cole queren presentarse. Este ano comezan a súa andaina polo cole de Seixo 8 nenos e nenas cheos de enerxía e ganas de pasalo ben... a que son guapos?



Xa nos imos coñecendo e sabemos que unha das cousas que lle encantan a estos nenos e nenas son os contos... que alegría porque na nosa biblio temos moitos que estan desexando ser contados!

JESÚS XA TEN 4 ANOS!

O primeiro cumple que celebramos na clase de 4 anos foi o de Jesús, un compi que chegou novo este ano ao cole. 


Mirade que guapo Jesús con esa coroa tan chula que fixo: que ben lle sentan os 4 anos!


Todos lle cantamos e celebramos que xa ten un ano máis!


xoves, 22 de setembro de 2016

BENVIDO OUTONO

A alguén se lle ocorre algunha forma mellor de darlle a benvida ao outono?



Despois dun verán tan estupendo... estamos cargados de ganas de seguir exprimindo o outono!



Coa axuda do paracaídas disfrutamos do vento e das follas de outono.









Viva o outono!!