mércores, 23 de novembro de 2016

PROXECTO KANDINSKY (I)

Na clase de 3 anos empezamos o noso primeiro proxecto relacionado coa arte e para iso eliximos a "Kandinsky" por ser un pintor que utiliza moitas cores e formas nos seus cadros. O primeiro que fixemos foi convertirnos en detectives e mandar unha nota ás familias para que nos axudasen a elixir unha pintura.




Foi asi como trouxeron moitos cadros que iremos traballando na aula e que nos axudaran a ir coñecendo a Kandinsky e a aprender moitas cousas sobre él.


E comenzamos a organizar o noso recuncho de Kandinsky...



domingo, 20 de novembro de 2016

OS FROITOS CARNOSOS

Os máis peques do cole estiveron aprendendo a diferenza entre os fritos secos e os carnosos. 



E nada mellor que probalos para comprobar a diferenza, así que fixeron unha degustación de froitos carnosos. 








Desfrutaron moito e atrevéronse a probar novos sabores e texturas. 




Mirade que ben aprenderon a diferenza entre os froitos secos o os carnosos. 



Que pena que faltaron varios compis este día: teremos que repetilo!

martes, 15 de novembro de 2016

0 magosto en 4 anos

       O xoves 10 de novembro celebramos o magosto, primeiro fixemos unhas bolsiñas de papel que quedaron moi chulas, e despois saímos fóra a comer as castañas.

venres, 11 de novembro de 2016

Magosto

Onte celebramos o magosto no cole e comimos riquísimas castañas...









XOGAMOS COAS FOLLAS!!!

Estes días, aproveitando que temos o patio cheo de follas, estivemos traballando con elas en clase e aproveitamos para facer as caixas para o Magosto



 Preciosos cadros...


 E rematamos o noso mural do outono!!!!

martes, 8 de novembro de 2016

REDA XA TEN 4 ANOS!

Reda cumpriu un ano máis e xa ten 4 anos.

Todos quixemos celebrar con ela este día tan especial. 





Montamos unha gran tarta para soprar a vela do 4.




E todos axudámoslle a facer a súa coroa.


Felicidades Reda e que sexas moi feliz con 4 anos!

BENVIDO OUTONO

Parece que agora si que chegou o outono de verdade, e os peques da clase de 3 anos queren recibilo como se merece! 








Ademais de recoller follas estivemos vendo os nomes de diferentes árbores do patio, gracias ás etiquetas que lles puxeron os nenos e nenas que agora están en 5º no seu proxecto do ano pasado.