Hoxe tocounos traballar co cadro que trouxo Pedro titulado "Blando y duro". Lembramos as formas xeométricas e contamos cantas hai no cadro de Kandinsky e con axuda da mestra fixemos a ficha, para logo poñelas na nosa exposición de kandinsky que, por certo, estanos a quedar estupenda¡¡¡¡
martes, 24 de xaneiro de 2017
mércores, 18 de xaneiro de 2017
OS PEQUE ANIMAIS
Xa fai tempo que gravamos este vídeo, foi a principio de curso cando, os nenos e nenas da clase de 3 anos, se estaban coñecendo e soltándose a falar. Buscamos diferentes formas de motivalos a expresarse e esta resultou moi divertida e motivadora.
Estes días lembráronse destas gravacións e decidimos compartilas... a verdade é que non teñen desperdicio!
martes, 17 de xaneiro de 2017
PROXECTO KANDINSKY (IV)
Hoxe na clase reproducimos unha lámina que trouxo Dimitri que, a pesares de non ser un cadro de Kandinsky, si que está feito a partir da súa obra "circulos concéntricos"
Tivemos que ordear os círculos de goma eva, do máis grande ó maís pequeno
Pintamos a árbore sobre papel continuo amarelo.
PROXECTO KANDINSKY (III)
Seguimos traballando sobre Kandinsky e estes días investigamos dous cadros que elixiu Vera "Cielo azul" e "Algunos círculos"
E intentamos reproducilos utilizando diferentes materiais e técnicas plásticas.
Estes foron os reultados:
martes, 10 de xaneiro de 2017
ENERXÍAS RENOVADAS PARA 2017
venres, 23 de decembro de 2016
MURAL DE OUTONO
Por fin xa rematamos o mural, con él aprendimos: As cores e as letras do outono, número de setas, e cantos nenas e nenos hai dentro de cada unha delas, moitas,poucas ou ningunha folla...etc, un montón de cousas traballadas o longo deste trimestre.
luns, 19 de decembro de 2016
SAÚL, VALERIA E ANDRÉS XA TEÑEN 4 ANOS!
Os máis peques da clase da profe Maricarmen celebraron o seu aniversario e xa todos teñen 4 anos.
Andrés, Valeria e Saúl decoraron xuntos as súas coroas para compartir a celebración dun día tan especial para eles.
Por suposto recibiron moita axuda dos seus compis!
Cada un soprou a sua vela co número 4.
E a piques de rematar o trimestre, xa todos os nenos e nenas desta clase teñen os 4 cumpridos, agora: a polo 5!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)















