mércores, 18 de outubro de 2017

DESFRUTANDO DA CLASE DE MÚSICA

Esta foi a última clase da profe Rosa cos nenos e nenas da case de 4 anos, e os peques da clase de 3 non se quixeron perder esta última oportunidade de bailar e desfrutar da música coa profe Rosa: un bicazo profe, ven a visitarnos!





sábado, 14 de outubro de 2017

ALIMENTACIÓN SAUDABLE NA FESTA DO SABER

Os máis peques do cole estivemos traballando sobre alimentación saudable e compartimos cos compis de 5º todo o que aprendemos.

Primeiro invitámolos a nosa exposición onde lles explicamos todo o que descubrimos na nosa investigación. 



E despois entre todos elaboramos unhas pizzas deliciosas que degustamos nunha merenda moi especial... e por fin estrenamos o forno do cole! 














PROXECTO: UN MUNDO LIMPO

Durante o curso pasado, os nenos e nenas de 5 anos vivenciamos que no mundo que queremos é importante reducir o lixo e a contaminación. Co profe Jorge elaboramos diversos xoguetes e obras de arte con envases e outros elementos que terminarían no lixo.

Na festa do saber compartimos cos compis de 1º o que fixemos e aprendemos, e tamén os levamos ao horto para explicarlles como o traballamos.

 








mércores, 11 de outubro de 2017

O COIDADO DAS PLANTAS

Os nenos e nenas da clase da profe Maricarmen, o ano pasado fixeron un proxecto moi chulo sobre o coidado das plantas.
Aquí tendes un resumo fantástico en imaxes, porque o mundo que queremos é un mundo no que se coidan as plantas!

luns, 9 de outubro de 2017

OS PEQUES VAN MEDRANDO!!

Os nenos e nenas da clase de 5 anos xa viviron 3 anos fantásticos co profe Jorge en infantil e agora mesmo xa están "no piso de arriba"... que maiores!!


Todos recibiron unha orla e un diploma como recordos destos 3 anos que esperamos sean inolvidables para todos e todas!



O profe Jorge entregou as orlas e os diplomas un por un como estos peques se merecen, porque cada un e cada unha son únicos e especiais! 

               




 
  
   
  

Que sigades desfrutando do cole e non olvidedes vir a visitarnos! 




So pasaron 3 anos???? estes peques medraron un montón!! Así eran en setembro de 2014 


Aquí vos deixamos un regaliño moi especial que compartimos en fin de curso cos nenos e nenas: 5 minutos de recordos dos 3 anos en infantil!



Mil grazas a todos e tamén as vosas familias por axudarnos estes anos.... e por eses agasallos tan peronais e especiais: nunca vos olvidaremos!!

domingo, 8 de outubro de 2017

BENVIDO OUTONO!

O último día do perídodo de adaptación despedimos o verán



O 22 de setembro chegou o outono, aínda que cun sol radiante



E os peques quixeron darlle a benvida con moita arte!



Collemos algunhas follas secas para pintar deixando voar a creatividade de cada un



A nosa primeira obra de arte cos dedos: que emoción!



E así recibimos a esta fermosa estación.

Benvido outono, aínda que con tanto sol e calor parece que seguimos no verán: teremos que inventar algunha danza da chuvia ;)