sábado, 13 de xaneiro de 2018

SORPRESA: AGASALLOS DE NADAL!

O primeiro día despois das vacacións, cando voltamos a 2ª hora de xogar no ximnasio, apareceron en clase uns paquetes que non estaban a 1ª hora... e seguro que foron os reis magos porque algún dos peques viu salir os camelos pola ventá!!! Ademais había unha nota das súas maxestades para todos os nenos e nenas de 3 anos!


E non puidemos resistirnos a pasar o control de calidade a todos os agasallos.



Pasámolo pipa: xogos de habilidade, de lóxica, de precisión... 



....para traballar as series, as cores, as letras, os números... 



...roupiña nova para os nosos bebés: que vestilos e desvestilos é unha tarefa complicada! Temos unha modista deluxe!



E tamén unha árbore musical para o noso recuncho da calma, é do máis relaxante ... queredes vela en acción? Ten algo que nos hipnotiza a todos! 

LEMBRANDO O NADAL

Despois duns días de vacións voltamos ao cole é xa estamos en inverno!
Todos voltamos con ganas de vernos, de achucharnos, de falar dos agasallos, dos planes do nadal....


E durante a semana, algúns coa axuda de fotos, foron compartindo recordos e momentos especiais vividos este Nadal. 


As fotos son recordos fantásticos porque producen a emoción de volver a vivir ese momento: é algo máxico e marabilloso!



E si esa emoción se comparte cos amigos aínda é moito maior.



Algo estupendo é que nos seus recordos non so están as cousas materiais coma os agasallos...



... tamén hai un monton de momentos especiais vividos cos papá e mamá, cos irmáns, cos primos... que importante compartir tempo con eles, porque iso será o que máis recorden! 

PARABÉNS ENZO!


Casi, casi coas uvas de fin de ano, o máis peque do cole celebrou o seu 3º aniversario. 


E á volta das vacacións quixemos celebralo con él, así que coa axuda dos compis decorou a súa coroa. 



E deu 3 voltas ao sol, 1 por cada ano de vida.


Que alegría: Enzo ya ten 3 anos!


Enzo ensinoulles aos seus compis o bonito que era cando naceu, e compartiu esas fotos e recordos con moita ilusión. 



Por suposto decorou a súa letra para a parede dos cumples que cada vez está máis chea. 



Chegaron a nosa clase unhas novas que non hai quen se resista a elas, normal que so lle quixera pegar pegatinas!


Así de orgulloso luce coa súa preciosa inicial.


E para poñernos ao día cos cumples do nadal, á profe Ana tamén lle tocou dar voltas ao sol.... aínda que foron tantas que casi se marea jejeje 
A profe tamén compartiu fotos de cando era bebé: unha pequena pelirroxiña!



Tanto Enzo como a profe, ademais de decorar as súas iniciais, levaron de recordo o cadro de todos os compis coas súas pegadas únicas e especiais.

mércores, 10 de xaneiro de 2018

XA VIÑERON ESES MAGOS...

   Os magos de oriente tamén chegaron ó cole de Seixo e trouxéronnos cousas moi divertidas!!!


martes, 9 de xaneiro de 2018

XOGAMOS COS BLOQUES

   Estes días xogamos moito cos cubos de colores e con eles traballamos secuencias, cantidades, orientación... que divertido é aprender xogando!!!

 

sábado, 6 de xaneiro de 2018

ÁRBORE DE OUTONO

      A témpera e o que mais lles gusta a estes nenos e nenas de 5 anos . Desta vez fixemos unha árbore pintada con corchos, e utilizando as cores laranxa e amarela.
    Mirade que traballadores e atentos están cada un coa sua ábore....¡¡¡






martes, 2 de xaneiro de 2018

NADAL EN TREN

Unha das actividades que desfrutamos os nenos e nenas de infantil para celebrar o Nadal foi un paseo en tren: que emoción!!
O concello agasallounos con este bonito paseo nun día soleado que nos permitiu desfrutar dunhas vistas chulísimas.