Esta semana e aproveitando "O día do libro" tivemos unha nova "contacontos" invitada: "a avoa de Hugo". Esta vez trouxeron un conto de Peppa Pig titulado "Bichos"e xuntos contáronnos as divertidas aventuras desta familia e os seus amiguiños.
xoves, 26 de abril de 2018
martes, 24 de abril de 2018
A PRIMAVERA DE VIVALDI
Os nenos e nenas da clase de 3 anos seguen desfrutando coa música da primavera de Vivaldi. Fai uns días fixeron 4 cadros acompañados por esta música. (Podedes velos premendo AQUÍ).
Esta vez fixeron un cadro entre todos pintando coas mans.
Experimentar coas cores e desfrutar co tacto da pintura é algo xenial.

Non hai máis que velos en acción para comprobar o marabilloso efecto que causan a música e a arte.
venres, 20 de abril de 2018
xoves, 19 de abril de 2018
PROXECTO. OS CONTOS (II)
O CONTO PREFERIDO DE VERA
A primeira das familias en animarse a vir ao cole a contar un conto foi a familia de Vera. Maica e Vera contáronnos (e representaron!!!) o conto " A noite das mudanzas" e o fixeron realmente ben!!!
Moitas grazas Vera e sobre todo a ti Maica por colaborar e vir a contarnos este chulísimo conto que nos encantou!!!
E Tamén, que non se me olvide, trouxeron o conto en vídeo!!! Estupendo!!!
mércores, 18 de abril de 2018
PROXECTO: OS CONTOS (I)
Estes días empezamos un novo proxecto na aula de 4 anos que nos levará polo fantástico mundo dos contos. Este novo proxecto está inmerso no PDI do cole "Explorando na casa de Arnaldo" que este ano ten como eixo central a nosa biblioteca. Para empezar fomos á biblio e investigamos que nela non só hai contos. Buscamos diferentes tipos de libros que alí podiamos atopar e levámolos para clase.
Tamén escribimos unha nota para as familias pedíndolles que nos manden os nosos libros favoritos ao cole xa que nos imos a converter en "contacontos" e animándoas a que participen nesta actividade connosco. Esperamos que sexan moitas as familias que se animen!!!
Tamén escribimos unha nota para as familias pedíndolles que nos manden os nosos libros favoritos ao cole xa que nos imos a converter en "contacontos" e animándoas a que participen nesta actividade connosco. Esperamos que sexan moitas as familias que se animen!!!
FELIZ ANVERSARIO ROQUE..!!!
Roque xa ten 6 anos, e para celebralo trouxo unha riquísima tarta de queixo, axudado polo seu mellor amigo Joel, decorou a súa coroa que quedou moi chula. Todos desexamos que tiveras un día moi feliz e cheo de regalos..
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)





